botánico italiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Domenico Agostino Vandelli, nado o 8 de xullo de 1735 en Padua, e finado o 27 de xuño de 1816 en Lisboa, foi un naturalista italiano.
Posíbel imaxe de Domenico Vandelli nun azulexo portugués do século XVIII | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xullo de 1735 Padua, República de Venecia |
Morte | 27 de xuño de 1816 Lisboa, Reino de Portugal |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | veneciana |
Formación profesional | Doutor en Medicina |
Educación | Universidade de Padua |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | naturalista |
Empregador | Universidade de Coímbra |
Membro de | |
Lingua | italiano, latín, portugués |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Vand. |
Familia | |
Pai | Girolamo Vandelli (pt) |
Premios | |
Membro da Academia das Ciências de Lisboa |
Vandelli realizou os seus estudos na Universidade de Padua, na que obtivo o seu doutoramento en medicina, coa tese Dissertationes tres: de Aponi thermis, de nonnullis insectis terrestribus et zoophytis marinis, et de vermium terrae reproductione atque taenia canis.
Envioulle, en 1761, a Carl von Linné unha correspondencia sobre os invertebrados holoturoideos. Posteriormente, en 1767, Linneo dedicoulle o xénero Vandellia, da familia das escrofulariáceas.
Desde 1765 impartíu clases de Química e Historia Natural na Universidade de Coímbra, onde fundou o seu primeiro xardín botánico.[1]
En 1788 publicou o Diccionario dos termos technicos de historia natural extrahidos das obras de Linnéo, com a suo explicaçaõ, así como unha Florae lusitanicae et brasiliensis specimen (Coímbra).
Toda a súa obra estivo baixo a autoridade de Linneo, e en 1765 publicou Viridarium Grisley lusitanicum, Linnaeanis nominibus illustratum (Lisboa).
En 1793 foi o primeiro director do Xardín botánico do Palacio Nacional de Ajuda, en Lisboa.
Vandelli foi membro da masonaría, comendador da Orde de Cristo e deputado da Real Junta do Comércio, Agricultura, Fábricas e Navegação.[2]
A abreviatura Vand. emprégase para recoñecer a Domenico Agostino Vandelli como autoridade na descrición e taxonomía en botánica,[11]
A abreviatura Vandelli emprégase para recoñecer a Domenico Agostino Vandelli como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.