Don Bradman
From Wikipedia, the free encyclopedia
Sir Donald George Bradman, nado en Cootamundra (Nova Gales do Sur o 27 de agosto de 1908 e finado en Kensington Park (Australia Meridional) o 25 de febreiro de 2001, alcumado "The Don", foi un xogador de crícket australiano, recoñecido como un dos mellores bateadores de todos os tempos.[1] A media de bateo en Test de Bradman ao longo da súa carreira foi de 99,94 e foi citada como o maior logro dun deportista en calquera deporte.[2]
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 27 de agosto de 1908 Cootamundra, Australia (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 25 de febreiro de 2001 (92 anos) Kensington Park, Australia (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | pneumonía | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Bowral (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Australia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Bowral High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 173 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de criquet , actor | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Australia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | Crícket | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Batsman (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | John Bradman (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A historia de que o mozo Bradman practicaba só cun toro e un pau de golf forma parte do folclore australiano.[3] O meteórico ascenso de Bradman dende o crícket no bush ao equipo australiano de crícket Test só durou dous anos. Antes do seu 22 aniversario estableceu moitas marcas de bateo e converteuse no ídolo deportivo en Australia durante a gran depresión.
Durante a súa carreira de 20 anos, Bradman marcou a un nivel que o converteron, en palabras do capitán australiano Bill Woodfull, "un dos tres bateadores valiosos de Australia".[4] Un conxunto controvertido de tácticas, coñecido como Bodyline, foi concibido polo equipo inglés de crícket para frear estas marcas. Como capitán e administrador, Brad estivo comprometido co crícket de ataque e entretemento; levaba o público en récord de número. Porén, odiaba a adulación constante e isto afectaba a como se comportaba cos demais. O centro de atención das súas intervencións individuais tensou as relacións con algúns compañeiros, administradores e xornalistas, que o consideraban distante e receloso.[5] Despois dun obrigado receso durante a segunda guerra mundial, realizou unha volta espectacular, capitaneando un equipo australiano coñecido como "The Invincibles" nunha xira de récord por Inglaterra.
Home complexo, enormemente motivado, non dado a relacións persoais,[6] Bradman mantivo unha posición destacada no deporte, traballando como administrador, seleccionador e escritor nas tres décadas posteriores á súa retirada. Mesmo despois de manterse illado nos seus anos de decadencia, a súa opinión era sempre buscada, e a súa posición como icona nacional continuou a ser recoñecida. Case 50 anos despois da súa retirada como xogador, en 1997, o primeiro ministro de Australia John Howard nomeouno o "maior australiano vivo".[7] A imaxe de Bradman apareceu en selos e moedas, e abriuse un museo dedicado á súa vida mentres aínda vivía. No centenario do seu nacemento, o 27 de agosto de 2008, o Royal Australian Mint emitiu unha moeda conmemorativa de 5 dólares coa imaxe de Bradman.[8] En 2009, foi incluído postumamente no ICC Cricket Hall of Fame.