activista, política e mestra wayuu de Venezuela From Wikipedia, the free encyclopedia
Dorelis Aurora Echeto de Portillo, nada en Guarero, municipio Guajira o 19 de xaneiro de 1967, é unha política, docente, lexisladora, activista polos dereitos indíxenas e autoridade venezolana. Dende novembro de 2022, é a directora do IPASME Maracaibo.[1] Ademais, foi xefa dúas veces, en períodos distintos, da Zona Educativa Zulia (2008-2010 e 2022),[2] entidade reitora educativa rexional zuliana do Ministerio do Poder Popular para a Educación de Venezuela,[3][4][5] e en 2020 foi tamén presidenta do Consello Lexislativo do estado Zulia (CLEZ), así como deputada por varios períodos.[6][7]
Echeto, naceu no poboado rural de Guarero, zona da Guajira venezolana do estado Zulia. Estudou a carreira de educación na Universidade Pedagóxica Experimental Libertador (UPEL) e estudos de posgrao, coa mestría de xerencia educativa na Universidade Rafael Belloso Chacín (URBE) e doutoramento en perspectivas históricas, políticas, curriculares e de xestión na Universidade do Zulia (LUZ) en convenio coa Universidade de Córdoba (UCO) de España.[8]
A comezos da década de 2000, Dorelis militou dende espezos do activismo indíxena no partido Movemento Quinta República (MVR) de Hugo Chávez. Posteriormente foi elixida deputada indíxena[9][10] e logo o 6 de novembro de 2007 é designada como Directora Xeral Encargada de Educación Intercultural Bilingüe do MPPE. Máis tarde, asumiu a dirección da Zona Educativa Zulia.[5]
En 2020, foi nomeada como a presidenta do Consello Lexislativo do Estado Zulia (CLEZ), substituíndo á política do PSUV, Ángela Fernández.[9][11][12][13] Echeto foi a primeira muller indíxena en tal cargo na historia da lexislación zuliana.[14] O seu período estivo marcado pola pandemia de COVID-19 en Venezuela, onde artellou a súa xestión coas institucións gobernamentais e de saúde, para o resgardo da poboación.[15]
En marzo de 2022, foi designada novamente polo MPPE como a nova directora de Zona Educativa Zulia substituíndo a Zendy Burgos. Echeto ocupou por segunda ocasión devandita dirección. Na súa xestión, comezou o plan de abordaxe chamado Bricomiles (Brigadas Comunitarias Militares) nas institucións educativas,[16][17] desenvolvido polo goberno de Nicolás Maduro, a ministra do MPPE, Yelitze Santaella e a Forza Armada Nacional Bolivariana (FANB) para o rescate e reacondicionamento dos planteos, para o cal se activaron 343 Bricomiles no estado Zulia.[18][19][20][21][22][23] Nese período recibiu algúns recoñecementos, entre eles o outorgado pola contraloría estatal.[24][25]
Dorelis, tivo dichas funcións até novembro dese mesmo ano, cando asumiu a directiva do IPASME Maracaibo,[26][27][28][29] onde activa varias especialidades médicas, xornadas para o maxisterio zuliano,[30][31][32][33][34] operacións oftalmóloxicas de enfermidade de calixe xunto ao Hospital Madre Rafols[35][36] e o reacondicionamento por fases da Unidade Médica.[37][38]
Echeto é membro do pobo wayuu.[39] Casou e tivo dous fillos.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.