Día de adestramento
filme de 2001 dirixido por Antoine Fuqua / From Wikipedia, the free encyclopedia
Día de adestramento (en inglés: Training Day) é un filme de 2001 dirixido por Antoine Fuqua. Os actores principais son Denzel Washington e Ethan Hawke. Toda o filme ten lugar na cidade dos Ánxeles durante un período de 24 horas que cambiará a vida de ambos policías. A historia foi escrita por David Ayer. Fuqua quería que a película parecera o máis auténtica posible, así que elixiu varias localizacións nalgúns dos barrios máis problemáticos dos Ánxeles, como pode ser Imperial Courts. Ademais contou co asesoramento técnico de dous policías, Michael Patterson e Paul Lozada.
Día de adestramento | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Training Day |
Director | Antoine Fuqua |
Produtor | Bruce Berman Davis Guggenheim |
Guión | David Ayer |
Intérpretes | Denzel Washington Ethan Hawke Scott Glenn Eva Mendes |
Música | Mark Mancina |
Fotografía | Mauro Fiore |
Montaxe | Conrad Buff IV |
Estudio | Village Roadshow Pictures Outlaw Productions |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | 5 de outubro de 2001 18 de maio de 2011 (TVG) |
Duración | 120 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción |
Orzamento | $45 000 000[1] |
Recadación | $104 500 000[1] |
Na rede | |
http://www.trainingday.net | |
Denzel Washington gañou o Oscar ao mellor actor no 2002 por este filme. Ethan Hawke foi candidato ao premio na categoría de mellor actor secundario.
Estreouse en galego na TVG o 18 de maio de 2011.[2]