Río Ebro
río de España / From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Ebro (en catalán: Ebre) é o río máis caudaloso de España e o segundo da Península Ibérica despois do Douro. É ademais o segundo río máis longo despois do Texo. Discorre na súa totalidade por España, sendo o seu río máis longo, con 910 km, o máis caudaloso e o que ten a maior conca, que chega aos 83 093 km². Ten máis de 200 tributarios.[1]
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2014.) |
Río Ebro | |
---|---|
O Ebro desde a Basílica de Nosa Señora do Pilar de Zaragoza. | |
País | España |
Nacemento | Fontibre, Cantabria |
Altitude | 1980 msnm |
Lonxitude | 910 Km |
Conca | 86 100 km² |
Caudal medio | 426 m³/s |
Desembocadura | Mar Mediterráneo |
Cunca hidrográfica do río Ebro | |
Percorre o extremo nororiental da Península Ibérica, a través do val que leva o seu nome. Segue unha dirección noroeste-sueste desde o seu nacemento na Hermandad de Campoo de Suso, en Cantabria, ata o mar Mediterráneo, no que desemboca formando o delta do Ebro, entre os termos municipais de Deltebre e Sant Jaume d'Enveja.
O Ebro atravesa as comunidades autónomas españolas de Cantabria, Castela e León, A Rioxa, País Vasco, Navarra, Aragón e Cataluña. Ademais, a súa conca hidrográfica tamén alcanza territorios da Comunidade Valenciana (río Bergantes) e de Castela a Mancha. Dúas capitais de comunidade autónoma, Logroño e Zaragoza, son bañadas polo río.