From Wikipedia, the free encyclopedia
Edward Sapir, nado en Lauenburg (daquela pertencente a Pomerania) o 26 de xaneiro de 1884 e finado en New Haven (Connecticut) o 4 de febreiro de 1939, foi un lingüista estadounidense de orixe alemá. Foi o fundador, xunto con Leonard Bloomfield, do estruturalismo norteamericano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xaneiro de 1884 Lębork, Polonia (pt) |
Morte | 4 de febreiro de 1939 (55 anos) New Haven, Estados Unidos de América |
President of the Linguistic Society of America (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Columbia - Doutor en filosofía (–1909) Stuyvesant High School DeWitt Clinton High School (en) |
Director de tese | Franz Boas |
Actividade | |
Campo de traballo | Lingüística, etnoloxía e volkerpsychologie (en) |
Ocupación | antropólogo , profesor universitario , etnólogo , sociolingüista , lingüista , filósofo |
Empregador | Universidade Yale Universidade de Chicago |
Membro de | |
Profesores | Franz Boas e Wilhelm Wundt |
Lingua | Lingua yiddish e lingua inglesa |
Obra | |
Doutorando | Benjamin Lee Whorf |
Premios | |
Sapir naceu na Prusia Occidental, na actual Lębork en Polonia, nunha familia xudía de lingua yiddish que emigrou para os Estados Unidos cando el tiña só cinco anos. Fixo os seus estudos na universidade de Columbia onde foi alumno de Franz Boas.
Os seus estudos de lingüística xeral baseáronse nas súas investigacións sobre idiomas indíxenas americanos, a partir das cales elaborou unha nova clasificación tipolóxica das linguas.
Enfocou o seu estudo sobre as linguas atapascanas, do grupo na-dené, e especialmente sobre as linguas e culturas chinook, navajo, nootka, paiute, takelma e yana. Aínda que salientou no terreo das linguas amerindias, foi tamén prolífico na lingüística en xeral. No seu libro Language propuxo unha clasificación gramatical e tipolóxica das linguas (con exemplos tomados do chinés ou do nuu-chah-nulth), críticano a especulación sobre o fenómeno da linguaxe ou as arbitrariedades que se cometían ao asociaren lingua, raza e cultura.
Durante os últimos anos da súa vida, mantivo unha importante relación co psiquiatra Harry S. Sullivan, e ambos os dous asentaron as bases do que posteriormente sería a psiquiatría transcultural ou psiquiatría cultural (cfr. Antropoloxía médica).
Foi director da sección de antropoloxía do museo canadense de Otava e profesor das universidades de Chicago e Yale (1931 - 1939).
Foi un dos creadores do que agora se coñece como a hipótese de Sapir-Whorf, que sostén que a concepción do mundo dun pobo está directamente relacionada coa estrutura conceptual da súa lingua.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.