Efecto Dunning-Kruger
nesgo cognitivo no que as persoas incompetentes tenden a avaliarse como cualificadas / From Wikipedia, the free encyclopedia
O efecto Dunning-Kruger é un nesgo cognitivo, segundo o cal os individuos con escasa habilidade ou coñecementos sofren dun sentimento de superioridade ilusorio, considerándose máis intelixentes que outras persoas máis preparadas, medindo incorrectamente a súa habilidade por encima do real. Este nesgo explícase por unha incapacidade metacognitiva do suxeito para recoñecer a súa propia ineptitude. Pola contra, os individuos altamente cualificados tenden a subestimar a súa competencia relativa, asumindo erroneamente que as tarefas que son doadas para eles tamén son doadas para outros.
David Dunning e Justin Kruger da Universidade Cornell concluíron que «a sobrevaloración do incompetente nace da mala interpretación da capacidade dun mesmo. A infravaloración do competente nace da mala interpretación da capacidade dos demais.».[1]