eleccións xerais From Wikipedia, the free encyclopedia
As eleccións xerais producíronse no Brasil dende o 7 de outubro de 2018, como primeira volta, para elixir o presidente e o vicepresidente, así como o Congreso Nacional, os Gobernadores e Vicegobernadores estatais, as Asembleas Lexislativas estatais e a Cámara Lexislativa do Distrito Federal.[1][2] A segunda volta produciuse o 28 de outubro de 2018, onde resultou elixido Jair Bolsonaro, do Partido Social Liberal.
Eleccións xerais do Brasil de 2018 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 2014 2022 → | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Data | 7 de outubro de 2018, primeira volta nas eleccións presidenciais do Brasil de 2018 28 de outubro de 2018, segunda volta nas eleccións presidenciais do Brasil de 2018 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tipo | grupo de eleccións | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cargo elixido | presidente do Brasil. Duración do mandato: 4 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participación política | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Primeira volta
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Resultado da votación | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Investidura | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Substitúe: | Persoa elixida: | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Michel Temer | Jair Bolsonaro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa inmediata de | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
goberno de Jair Bolsonaro |
As eleccións de 2014 resultaron coa candidata do Partido dos Traballadores, Dilma Rousseff, sendo reelixida como Presidenta na segunda volta co 51,6% dos votos, derrotando a Aécio Neves do Partido da Social Democracia Brasileira que recibiu o 48,4% dos votos.[3] Rousseff xa fora elixida por primeira vez nas eleccións de 2010, sucedendo ó seu mentor político, Luiz Inácio Lula da Silva, que estivo no cargo dende 2003 até 2011.
Porén, o 3 de decembro de 2015, os procedementos de acusación contra Dilma Rousseff foron aceptados oficialmente pola Cámara de Deputados.[4][5] O 12 de maio de 2016, o Senado Federal suspendeu temporalmente os poderes e deberes de Rousseff durante seis meses ou até que o Senado chegara a un veredicto: destituila do seu cargo se a declaraban culpable ou absolvela dos delitos imputados.[6][7] O Vicepresidente Michel Temer, do Partido do Movemento Democrático Brasileiro, asumiu os seus poderes e deberes como Presidente interino do Brasil durante a suspensión. O 31 de agosto de 2016, o Senado votou 61-20 a prol da acusación formal, declarando a Rousseff culpable de violar as leis orzamentais e destituíndoa do seu cargo (Art. 85, Constitución do Brasil). O vicepresidente Temer sucedeu a Rousseff como 37º presidente do Brasil.[8][9][10]
Jair Bolsonaro foi acoitelado o 6 de setembro de 2018 mentres facía campaña na cidade de Juiz de Fora, Minas Gerais e interactuaba cose seus partidarios.[11] O fillo de Bolsonaro, Flávio, declarou que as feridas de seu pai eran só superficiais e que se estaba a recuperar no hospital.[12] A policía detivo e identificou o atacante como Adelio Bispo de Oliveira, quen afirmou que foi "ordenado por Deus para levar a cabo o ataque".[13] Flávio Bolsonaro declarou máis tarde que as feridas inflixidas parecen peores do que se pensaba inicialmente. El chiou no Twitter sobre a condición de seu pai, explicando que a perforación alcanzou parte do fígado, o pulmón e parte do intestino. Tamén afirmou que Bolsonaro perdera unha gran cantidade de sangue, chegando ó hospital cunha presión de 10/3, pero dende entón xa se estabilizara.[11][14][15] A maioría dos outros candidatos na carreira presidencial (de ambos lados do espectro político), e o actual presidente brasileiro, Michel Temer, condenaron o ataque.[16]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.