Lista de presidentes do Brasil

artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia

Lista de presidentes do Brasil
Remove ads

No Brasil, o presidente da República exerce o papel de xefe de estado e tamén o de xefe de goberno. Así ten sido dende o comezo da república, en 15 de novembro de 1889, excepto nun curto período en que vixiu o parlamentarismo, de 1961 ata 1963, cando era presidente João Goulart.

Thumb
Bandeira da presidencia do Brasil.

Algunhas observacións:

  • Un dos presidentes brasileiros, Francisco de Paula Rodrigues Alves, foi elixido en dúas ocasións, pero faleceu antes de asumir o goberno por segunda vez.
  • Outro dos presidentes, Getúlio Vargas, gobernou en dúas ocasións: na primeira, de 1930 ata 1945, como interventor e despois como ditador. Na segunda ocasión, de 1951 ata 1954, gobernou como presidente electo.
  • Un dos presidentes do Brasil foi electo pero non chegou a gobernar, pois foi deposto antes de asumir o poder, en 1930: Júlio Prestes.
  • Un presidente civil foi escollido polo Congreso pero non gobernou, pois adoeceu na véspera de asumir o poder: Tancredo Neves. Tancredo estivo doente de 14 de marzo ata 21 de abril de 1985 cando faleceu. No seu lugar, asumiu no día 15 de marzo de 1985 o vicepresidente escollido polo Congreso, José Sarney.
  • De 1 de abril de 1964 ata 15 de marzo de 1985 o Brasil foi gobernado por militares escollidos indirectamente polo Congreso. Era unha forma de disfrazar unha ditadura que existía na práctica, xa que moitos deputados e outros políticos tiveron os seus dereitos políticos suspensos neste período. O ciclo militar após 1964 encerrouse en 1985, cando un civil, Tancredo Neves, foi escollido como presidente, a pesar de non ter gobernado.
  • Dende 1989 as eleccións directas para presidente da república foron restabelecidas no Brasil. Foron elixidos directamente desde entón: Fernando Collor de Mello, Fernando Henrique Cardoso (reelixido para un segundo mandato) e Luiz Inácio Lula da Silva.
  • Fernando Collor de Mello, elixido en 1989 e que asumiu en 15 de marzo de 1990 foi o primeiro presidente do Brasil a sufrir proceso de impeachment (impedimento).
  • Dilma Rousseff foi a primeira presidente muller do Brasil, e tamén sufriu impeachment.
Thumb
Os presidentes Itamar Franco, Lula da Silva, Fernando Henrique Cardoso e José Sarney na Cidade do Vaticano.

Esta é a lista dos presidentes do Brasil:

Máis información #, Presidente ...
Remove ads

Expresidentes vivos

Enlaces externos

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads