Eleccións xerais de España de 1871
From Wikipedia, the free encyclopedia
As eleccións xerais de España de 1871 foron convocadas para o 8 de marzo baixo sufraxio universal masculino. Foron as primeiras eleccións celebradas durante o breve reinado de Amadeu I, unha vez aprobouse a Constitución de 1869. Exercía a funcións de Presidente do Consello de Ministros no momento Francisco Serrano Domínguez, sucesor político de Juan Prim tralo seu asasinato. Para aproveitar a división existente entre os partidarios do Antigo Réxime (carlistas, monárquicos isabelinos, liberais partidarios de Ramón María Narváez), presentáronse xuntos o Partido Progresista de Manuel Ruiz Zorrilla, a Unión Liberal de Francisco Serrano e o Partido Democrático de Nicolás María Rivero, encabezados por Serrano. Era unha coalición similar á das eleccións de 1869.
Eleccións xerais de España de 1871 | |
---|---|
← 1869 1872 → | |
Data | 8 de marzo de 1871 |
Tipo | Eleccións xerais en España |
Cargo elixido | deputado no Congreso dos Deputados senador de España |
Resultado da votación | |
A oposición estaba formada polos federalistas republicanos de Francesc Pi i Margall, os carlistas e o Partido Moderado de Alejandro Mon. En total foron elixidos 391 deputados, ademais dos 11 de Porto Rico e 18 de Cuba. Foi nomeado Presidente do Congreso dos Deputados o progresista Salustiano de Olózaga, que foi substituído o 6 de outubro por Práxedes Mateo Sagasta. O Presidente do Senado foi Francisco Santa Cruz.
O goberno de Serrano durou ata o 24 de xullo, cando foi substituído por Ruiz Zorrilla, quen o 5 de outubro foi substituído por José Malcampo, e este o 12 de decembro por Práxedes Mateo Sagasta, quen ante a situación política inestable convocará eleccións en abril de 1872.