Eleccións lexislativas de Palestina de 2006
From Wikipedia, the free encyclopedia
O 25 de xaneiro de 2006, celebráronse as eleccións para o Consello Lexislativo Palestino (CLP), o poder lexislativo da Autoridade Nacional Palestina (ANP). Esta foi a primeira elección para o CLP dende 1996; ás eleccións anteriores atrasáranse en varias ocasións debido ao conflito árabe-israelí. Puideron votar os habitantes da Franxa de Gaza e Cisxordania, incluíndo Xerusalén Leste.
Os resultados finais mostraron a vitoria de Hamás, con 74 escanos, contra os 45 de Fatah, o que lle deu a Hamás unha maioría absoluta, 75 de 132 deputados, permitíndolle formar un goberno sen ter que chegar a alianzas.
Das listas electorais, Hamás recibiu o 44,45 % e Fatah o 41,43 %[1] e nos Distritos electorais, Hamás recibiu o 41,73 % contra o 36,96 %.[1]
O Primeiro Ministro, Ahmed Qurei, matívose no poder como interino, pola petición do presidente Mahmoud Abbas, ata o 19 de febreiro, cando o líder de Hamás Ismail Haniya formou un novo goberno.
En resposta á vitoria de Hamás e ao conseguinte conflito con Fatah, o Cuarteto, un importante apoio financeiro da ANP, conxelou os fondos desta tralas eleccións, ademais Israel retivo os ingresos fiscais recadados no nome da Autoridade Nacional Palestina, o que fixo que se desplomase a economía.