From Wikipedia, the free encyclopedia
As eleccións xerais de España de 1914 celebráronse o 8 de marzo, meses antes da primeira guerra mundial, na que España se declararía neutral, baixo sufraxio universal masculino para a elección de 409 deputados, e a forza máis votada foi a coalición das dúas faccións do Partido Conservador, dirixido por Eduardo Dato mentres as dúas faccións do Partido Liberal quedaron bastante lonxe. Tamén se presentou unha Conxunción Republicano-Socialista, que reunía os diferentes partidos republicanos e mais o Partido Socialista Obrero Español. Os Radicais de Lerroux e a Unión Federal Nacionalista Republicana ían en coalición electoral, tras do Pacto de Sant Gervasi, aínda que en Cataluña non conseguiron desbancar a hexemonía da Lliga Regionalista.
Eleccións xerais de España de 1914 | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 1910 1916 → | |||||||||||||||||||||||||||
Data | 8 de marzo de 1914 | ||||||||||||||||||||||||||
Tipo | Eleccións xerais en España | ||||||||||||||||||||||||||
Cargo elixido | Presidente do Goberno de España deputado no Congreso dos Deputados | ||||||||||||||||||||||||||
Resultado da votación | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Foi elixido presidente do Congreso o conservador Augusto González Besada e presidente do Senado Marcelo Azcárraga, falecido en 1915 e substituído por Joaquín Sánchez de Toca Calvo. O xefe de goberno foi Eduardo Dato, pero o 9 de decembro de 1915 dimitiu por diferenzas internas no partido e cedeu o goberno ao conde de Romanones, quen convocaría novas eleccións o 6 de abril de 1916. Durante esta lexislatura constituíuse a Mancomunidade de Cataluña, presidida por Enric Prat de la Riba.
← Eleccións Xerais en España, 8 de marzo de 1914 → | ||||||
Partido | Escanos | Líder | ||||
Conservadores | 193 | Eduardo Dato e Iradier | ||||
Partido Liberal | 84 | Conde de Romanones | ||||
Partido Liberal-Demócratas | 38 | Manuel García Prieto | ||||
Conservadores (mauristas) | 22 | Antonio Maura | ||||
Lliga Regionalista | 13 | Francesc Cambó | ||||
Coalición Unión Federal Nacionalista Republicana-Partido Radical | 11 | Alejandro Lerroux | ||||
Partido Reformista | 11 | Melquíades Álvarez | ||||
Conxunción Republicano-Socialista | 10 | Roberto Castrovido Sanz | ||||
Coalición Comunión Tradicionalista-Integrista | 7 | Enrique de Aguilera y Gamboa | ||||
Conservadores (ciervistas) | 5 | Juan de la Cierva y Peñafiel | ||||
Católicos independentes | 5 | Joaquín de Arteaga | ||||
Partido Republicano Democrático Federal | 1 | Joaquín Pi y Arsuaga | ||||
Partido de Unión Republicana Autonomista (PURA) | 1 | Félix Azzati Descalci | ||||
Nacionalistas republicanos cataláns | 1 | Francesc Macià | ||||
Independentes | 5 | |||||
Sen clasificar | 1 | |||||
TOTAL | 408 | |||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.