Eleccións xerais de España de 1936
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os días 16 e 23 de febreiro de 1936 celebráronse en España as terceiras e derradeiras eleccións xerais da Segunda República Española. As eleccións deron o triunfo á coalición de esquerdas denominada Fronte Popular (Front d'Esquerres en Cataluña e Valencia), que, con máis do 60% dos deputados electos, agrupaba a PSOE, Izquierda Republicana, Unión Republicana, ERC, PCE, Acció Catalana, POUM, Partido Sindicalista e outros. Con todo, non obtiveron o 50% en canto a voto se refire. É difícil calcular cantos votos recibiu cada partido, xa que a lei electoral era por listas abertas, e non é posible dicir cantos votos obtivo cada candidatura, xa que os votantes podían elixir candidatos de distintas listas para cada un dos escanos da súa circunscrición. O certo é que o goberno nunca publicou os resultados na súa integridade.[1]
Eleccións xerais de España de 1936 | |
---|---|
← 1933 1977 → | |
Data | 16 de febreiro de 1936 |
Tipo | Eleccións xerais en España e Pucheirazo |
Cargo elixido | deputado nas Cortes republicanas |
Resultado da votación | |
Segundo dispoñía a Lei electoral vixente daquela, a mecánica de adxudicación das actas de deputados era complexa e necesitaba de tempo para levar a cabo o escrutinio xeral, unha segunda volta onde fose necesario e a discusión das Actas no Parlamento. En 1933 o presidente do Goberno dirixiu a segunda volta presentando ao Parlamento os resultados. A dimisión de Portela Valladares o 19 de febreiro vai permitir á Fronte Popular a ocupación do Goberno para, desde el, acabar de redondear os resultados e forzar a maioría. A dimisión de Portela arrastrou a de moitos gobernadores provinciais que dimitiron aterrados sen esperar a chegada duns substitutos adecuados.[2]