Transposón
secuencia de ADN que pode moverse dentro do xenoma dunha célula / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os transposóns ou elementos transpoñibles son secuencias de ADN que poden moverse dentro do xenoma dunha célula, no proceso chamado transposición. No proceso poden producirse mutacións e cambiar a cantidade de ADN no xenoma. Os transposóns tamén se chaman "xenes saltaricos" (jumping genes) e son formas de elementos móbiles. Descubertos por Barbara McClintock nos inicios da súa carreira, fixéronlle gañar o premio Nobel en 1983.
Hai unha ampla variedade de elementos móbiles, e poden agruparse segundo o mecanismo de transposición. Os elementos móbiles de clase I, ou retrotransposóns, móvense no xenoma sendo primeiro transcritos a ARN, e despois de novo a ADN pola retrotranscriptase, mentres que os elementos móbiles de clase II móvense directamente dunha posición a outra do xenoma utilizando unha transposase no proceso de "corta e pega".
Os transposóns son de moita utilidade nalgunhas investigacións xa que alteran o DNA interno dos organismos vivos. Conforman unha gran parte do tamaño xenómico, evidente polo C-valor das especies eucariotas. Por exemplo, na especie humana, o 48 % do xenoma está composto por transposóns ou restos antigos deles.