![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/01/Eliseo_mourino_banfield.jpg/640px-Eliseo_mourino_banfield.jpg&w=640&q=50)
Eliseo Mouriño
futbolista arxentino / From Wikipedia, the free encyclopedia
Eliseo Víctor Mouriño Oyarbide, nado en Buenos Aires o 3 de xuño de 1927 e finado en Cerro Las Ánimas, Chile, o 3 de abril de 1961, foi un futbolista arxentino, de orixes galega e vasca, que se desempeñaba na posición de volante de contención.
Eliseo Mouriño | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Eliseo Víctor Mouriño Oyarbide | ||
Nacemento | 3 de xuño de 1927 | ||
Lugar de nacemento | Buenos Aires | ||
Falecemento | 3 de abril de 1961 | ||
Lugar de falecemento | Longaví | ||
Altura | 1,78 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
–1941 | Superclub | ||
1941–1946 | Banfield | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1946–1952 | Banfield | 133 | (2) |
1953–1960 | Boca Juniors | 145 | (4) |
1961 | Green Cross | 0 | (0) |
Selección nacional | |||
1952–1959 | Arxentina | 21 | (0) |
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Destacou no Club Atlético Banfield e no Boca Juniors, sendo considerado un ídolo de ambos clubs. Con Banfield rematou na primeira posición o campionato arxentino de 1951, acabando finalmente subcampión tras xogar dous partidos de desempate contra o Racing Club. O Estadio Florencio Sola de Banfield ten unha tribuna co seu nome. Con Boca gañou o campionato arxentino de 1954.
Foi 21 veces internacional coa selección arxentina, coa que conquistou dúas edicións da Copa América, en 1955 e 1959. En 1961 fichou polo Green Cross de Chile, onde faleceu ao pouco de chegar, nun accidente aéreo no que perderon a vida a maioría dos seus compañeiros de equipo e o corpo técnico.