From Wikipedia, the free encyclopedia
Ellen Fraatz, coñecida como Ellen Allien, nada en 1968 en Berlín, é unha DJ alemá, produtora de música electrónica e fundadora do selo BPitch Control. Vive en Berlín, Alemaña. Canta en alemán e inglés. Ten dito que unha das maiores inspiracións para a súa música é a cultura do Berlín reunificado[1]; o seu álbum Stadtkind estaba dedicado á cidade. A súa música é difícil de clasificar estilisticamente e é mellor describila como unha mestura de techno e electro, orientada á pista de baile pero con notábeis elementos experimentais.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de setembro de 1968 (56 anos) Berlín Oeste, Zonas ocupadas pelos Aliados na Alemanha |
Datos persoais | |
Outros nomes | Ellen Allien |
País de nacionalidade | Alemaña |
Actividade | |
Ocupación | disc-jóckey |
Período de actividade | 1992 - |
Xénero artístico | Techno |
Lingua | Lingua alemá |
Selo discográfico | BPitch Control (en) |
Páxina web | ellenallien.de |
Allien viviu en Londres entre os anos 1988 e 1989, onde tomou contacto coa música electrónica. Cando volveu para Berlín, a música electrónica volvérase un xénero popular en Alemaña.
En 1992 converteuse en DJ residente da sala Fischlabor. Ademais, puña música noutras salas como Bunker, Tresor e E-Werk. De xeito paralelo, conseguiu ter o seu propio programa na emisora de radio Kiss FM e montar un selo discográfico, ambos chamados Braincandy. Debido a problemas coa venda dos discos, en 1997 deixou Braincandy e comezou a organizar festas co nome de B Pitch.
Xa en 1999, Ellen Allien creou o selo BPitch Control. Nos anos seguintes, os traballos de Sascha Funke, Paul Kalkbrenner e Toktok deron a coñecer esta discográfica en todo o mundo. Allien sacou o seu primeiro álbum, Stadtkind ("neno/a de cidade"), en 2001, e Berlinette, con colaboracións de Apparat, en 2003. Despois de sacar Thrills, en 2005 Allien creou un sub-selo de BPitch Control chamado Memo Musik, especializado en minimal techno e minimal house, do que saíron traballos de Ben Klock e Zander VT. En 2006, Ellen Allien forma un dúo co produtor alemán Apparat chamado Ellen Allien & Apparat; ese mesmo ano sacan Orchestra Of Bubbles. En 2007, Ellen Allien foi a primeira muller en mesturar para a serie de discos compilatorios do club londiniense Fabric. Despois da morte da súa avoa, en 2008, publicou o álbum Sool.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.