Emblema de Turquía
From Wikipedia, the free encyclopedia
A República de Turquía non ten un escudo de armas ou emblema oficial. O símbolo da portada do pasaporte turco é sinxelamente a estrela e a media lúa que se atopan na bandeira de Turquía.
O Ministerio de Relacións Exteriores de Turquía utiliza un círculo vermello que contén a lúa crecente e a estrela en dourado e orientadas verticalmente coa estrela na parte superior. Todo rodeado por un texto en dourado: "T.C. Dışişleri Bakanlığı" ("Ministerio de Relacións Exteriores da República de Turquía"). Unha variante deste emblema oval contén o texto dourado "Türkiye Cumhuriyeti Büyükelçiliği" ("Embaixada da República de Turquía") e é utilizado polas embaixadas turcas.
Un emblema circular baseado na bandeira de Turquía utilízase nas organizacións do goberno, ministerios e parlamento turcos. Tamén se utilizou como distintivo dos atletas e deportistas turcos e nos vellos documentos de identidade dese país.
O selo do Presidente de Turquía ten unha grande estrela centrada rodeada por 16 estrelas de cinco puntas, que simbolizan os 16 estados na historia turca.