Emérito, emérita
distinción honorífica destinada ao profesorado xubilado que segue en activo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un emérito é aquela persoa que, despois de retirarse do cargo que ocupaba, goza de beneficios derivados dunha profesión, especialmente docente universitaria ou eclesiástica, se lle concede este título como recoñecemento aos seus bos servizos na mesma; beneficios que poden ser de diversa natureza segundo o rango e a institución de que se trate.[1]
Utilízase o termo tamén para directores de orquestra que serviron superlativamente a entidade que lles outorga o título.
Polo xeral, concédese ao emérito a potestade de participar activamente nas tarefas que lle eran propias antes do seu retiro, previa consulta ao encargado do mesmo, dáselles voz en asembleas e reunións e pode asistir a outras en calidade de invitado de honor.
Na Roma antiga chamaban ēmeritus (eméritos) aos lexionarios licenciados que gozaban de privilexios como recompensa recibida polos seus bos servizos.[2]