Encamp
parroquia de Andorra / From Wikipedia, the free encyclopedia
Encamp é unha parroquia de Andorra situada a 1.300 metros de altitude, na zona alta do país. Dos cinco pobos que anteriormente formaban a parroquia (Encamp, el Tremat, la Mosquera, les Bons e Vila) só este último quedou actualmente diferenciado do núcleo principal. Tiña 13.521 habitantes en 2011.
Datos rápidos Localización, Capital ...
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Andorra | ||||
Capital | Encamp (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 12.826 (2023) (173,32 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 74 km² | ||||
Altitude | 1.238 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | AD200 | ||||
ISO 3166-2 | AD-03 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | L'Alguer (2003–) | ||||
Páxina web | encamp.ad |
Pechar
No extremo leste da parroquia, El Pas de la Casa é a única área do país de vertente atlántica (nace o río Ariège). O Pas de la Casa ten acceso por estrada con Francia e o único punto de fronteira con aduana co país veciño.
Actualmente, boa parte do territorio está ocupado por unha estación de esquí (Grand Valira), compartida co común de Canillo. Pódese acceder desde o Funicamp.