Ermida da Nosa Señora da Lanzada
construción relixiosa na Lanzada, Sanxenxo / From Wikipedia, the free encyclopedia
A ermida da Nosa Señora da Lanzada é unha pequena capela situada na parroquia de Noalla, en Sanxenxo, construída no século XII en estilo románico tardío. Aséntase sobre o extremo máis occidental dunha punta que se introduce no mar, nas inmediacións dos restos dunha fortaleza medieval, coñecida como a torre da Lanzada e á beira do castro da Lanzada.
Datos rápidos País, Localización ...
Ermida da Nosa Señora da Lanzada | |
---|---|
Vista da ermida | |
País | España |
Localización | Noalla (Sanxenxo) |
Coordenadas | 42°25′47″N 8°52′40″O |
Diocese | Arquidiocese de Santiago de Compostela |
Estilo | arquitectura románica |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar