Erupción minoica
From Wikipedia, the free encyclopedia
A erupción minoica de Thera, tamén coñecida como a erupción de Thera ou erupción de Santorini, foi unha importante e catastrófica erupción volcánica cun Índice de Explosividade Volcánica (IEV) de 6 ou 7 e unha Densidade Lítica Equivalente (DLE) de 60 km³[1][2],[1] que se calcula que se produciu a mediados do II milenio a. C..[3] A erupción foi un dos máis grandes eventos volcánicos da Terra rexistrados na historia.[4][5][6] A erupción devastou a illa de Thera (tamén chamada Santorini), incluíndo o asentamento Minoico en Akrotiri, así como as comunidades e áreas agrícolas nas illas próximas e na costa de Creta.
Non hai rexistros antigos claros da erupción, que parece inspirar a algúns mitos gregos,[7] puido causar disturbios en Exipto.