![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/ff/Carolineminuscel.jpg/640px-Carolineminuscel.jpg&w=640&q=50)
Escrita carolinxia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A escrita carolinxia[1] foi un tipo de escritura nacido en Europa, de orixe incerta, que se desenvolveu e promoveu no imperio de Carlomagno grazas á súa promoción (de aí o seu nome) entre os séculos VII e XII. Foi utilizado por Carlomagno como vehículo de difusión cultural neste período ao ser utilizado como escritura estándar na reprodución de códices. Aínda que posteriormente evolucionou cara á escritura gótica e finalmente caeu en desuso, esta escritura serviu de base ás escrituras actuais mediante a súa recuperación dentro da escritura humanística que se desenvolveu en Europa no século xv.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/ff/Carolineminuscel.jpg/320px-Carolineminuscel.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/91/CarolingianMinuscule.jpg/220px-CarolingianMinuscule.jpg)