Estación de Bilbao Abando-Indalecio Prieto
From Wikipedia, the free encyclopedia
Bilbao Abando-Indalecio Prieto, tamén coñecida como Bilbao-Abando ou estación do Norte, é a principal estación ferroviaria do centro da cidade de Bilbao. É unha estación terminal de carácter monumental e estilo clasicista inaugurada en 1948 por Renfe, que encargou a súa construción a Alfonso Fungairiño.
Datos rápidos Bilbao Abando-Indalecio Prieto, Situación ...
Bilbao Abando-Indalecio Prieto | |
---|---|
Estación de Bilbao Abando-Indalecio Prieto | |
Situación | Bilbao |
Liñas | |
Longa Distancia | Alvia, Estrella |
Media distancia | Intercity |
Cercanías | Proximidades Bilbao |
FEVE | Bilbao-Concordia |
Intermodalidade | |
Metro | L1 e L2 |
Outros | EuskoTran |
Pechar
Ten servizos de longa distancia, media distancia e proximidades operados por Renfe. Dispón tamén de conexións coas liñas L1 e L2 do Metro de Bilbao a través da estación de Abando, con servizos Renfe Feve grazas á estación de Bilbao-Concordia, así como coa rede de autobuses urbanos, interubanos e o tranvía da cidade.