Estación de Betanzos-Cidade

From Wikipedia, the free encyclopedia

Estación de Betanzos-Cidademap

Betanzos-Cidade, anteriormente denominada Betanzos-Pueblo[1], é unha estación de tren de Adif situada na vila de Betanzos, na provincia da Coruña. Ten paradas comerciais de Longa e Media distancia operadas por Renfe.

Datos rápidos Betanzos-Cidade, Situación ...
Betanzos-Cidade
Thumb
SituaciónBetanzos
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Trenhotel
Pechar

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 5,5 da liña férrea de ancho ibérico que une Betanzos con Ferrol a 4 metros de altitude,[2] entre as estacións de Estación de Betanzos-Infesta e de Miño-Castro. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

O ferrocarril chegou a Betanzos-Cidade o 5 de maio de 1913 coa o apertura da liña Betanzos-Ferrol, tras un longo período de proxectos e obras, tras quedar deserto o concurso para a súa construción e explotación.[3] Encargouse a Norte que efectuase o mantemento necesario para a posta en servizo desta liña. Encargouse finalmente da explotación MZOV, e a partir de 1928, a Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[4] En 1941, a estación pasou a depender da recentemente creada Renfe, quen xestionou a mesma ata a separación da compañía en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.

A estación

O edificio de viaxeiros da estación de Betanzos-Cidade é unha estrutura de dous pisos que loce un aspecto clásico. Está situada no extremo noroeste do núcleo urbano de Betanzos, o que fai que estea moito máis próxima ao centro urbano da cidade que a estación de Betanzos-Infesta.

Conta con dúas plataformas, unha lateral e a outra central, ás que acceden dúas vías.

Servizos ferroviarios

Longa distancia

Actualizado a 20 de xuño de 2016.

Máis información Tren, Orixe ...
Pechar

Media distancia

Actualizado a 20 de xuño de 2016.

Máis información Liñas, Trens ...
Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
5 MD A Coruña <> Ferrol
Pechar

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.