Media distancia Renfe
servizo de tren de Renfe From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Media Distancia Renfe é un servizo de transporte de pasaxeiros por ferrocarril fornecido por Renfe Operadora. Cobre distancias medias, comprendidas entre as de Longa Distancia e as de Proximidades.





Desde o ano 2006 está baixo a responsabilidade da Dirección Xeral Servizos de Proximidade e Media Distancia, herdeira da extinta Unidade de Negocio de Media Distancia, anteriormente denominada Rexionais, nome polo cal aínda se lle coñece popularmente.
Remove ads
Características
Comunican puntos dunha mesma rexión entre si ou coa contigua. Algunhas liñas poden atravesar de forma puntual até tres comunidades autónomas.
Circulan servizos de Media Distancia por toda a rede ferroviaria española excepto tramos curtos que son exclusivos dalgunha liña de Proximidades Renfe e por algúns tramos de vías de ancho UIC e tramos de vía entre Salamanca e Fuentes de Oñoro.
A rede de Media Distancia está dividida en cinco zonas, e unha delas dividida en tres:
- Liñas A: Andalucía
- Liñas Ca: Cataluña
- Liñas G: Galicia
- Liñas L: Comunidade Valenciana e Rexión de Murcia
- Liñas R (Radiais desde Madrid), divididas en tres zonas:
- Zona A: Comunidade de Madrid, Castela e León, Asturias e Cantabria.
- Zona B: Comunidade de Madrid, Castela e León, A Rioxa, Navarra, País Vasco e Aragón.
- Zona C: Comunidade de Madrid, Castela-A Mancha e Estremadura.
Remove ads
Servizos existentes
- Avant: cobren servizos directos en liñas de alta velocidade, substituíron as Lanzadeiras AVE ou Iris. Realízanse con electrotréns da serie 104, 114 en liñas exclusivamente de largo estándar e da serie 121 no resto.
- Intercity: antigos servizos Intercity de Longa Distancia que deixaron de prestar servizo en 2008 e foron recuperados baixo esta denominación en 2012 como unha mestura entre a Longa e a Media Distancia. En Galiza, os billetes de Intercity pódense adquirir con tarifa Avant ou MD para realizar percorridos entre as propias cidades do país. Habitualmente empréganse unidades das series 121, 449 e 599; no caso galego aínda son cubertos con material convencional remolcado por unha locomotora da serie 334 (rama coruñesa) ou unha 252.
- MD: servizos directos e semidirectos de maior calidade servidos por automotores das series 499, 594, 598, 599 ou 121. Baixo esta denominación se unificaron os Media Distancia +, R-598 e TRD, vinculadas cada unha delas a unha serie ou series de automotores en particular[1][2][3].
- Rexional: servizos con parada comercial en todas ou case todas as estacións e apeadoiros do traxecto. Poden estar cadenciados con servizos de Proximidades Renfe (ex.: Madrid - Segovia), denominándose entón "Rexional cadenciado". No caso dos trens "Rexional cadenciado" empréganse unidades de tren pertencentes ao parque de Proximidades (440R, 446, 447 e ata trens de dous pisos das series 450 e 451), mentres que naqueles servizos que non se atopen cadenciados coa malla de Proximidades, o material empregado case sempre corresponde ao parque propio de Media Distancia, empregándose UT eléctricas da serie 432 en liñas electrificadas e unidades diésel das series 592 e 596 nas relacións non electrificadas.
- Rexional Exprés: son servizos cun menor número de paradas comerciais que o Rexional (máximo 3 paradas cada 100 km), o cal redunda nunha velocidade comercial maior e, polo tanto, uns tempos de viaxe sensiblemente máis reducidos ca no caso dos trens tipo Rexional. En liñas electrificadas empréganse basicamente trens das series 470 ou 440R, mentres que nas liñas non electrificadas estes servizos cóbrense con unidades das series 592 e 592.200.
Remove ads
Servizos ou denominacións desaparecidas
- Andalucía Exprés, Aragón Exprés, Castilla y León Exprés, Catalunya Exprés e Galicia Exprés: Rexionais Exprés baixo denominación da comunidade autónoma na que prestaran eses servizos.
- Media Distancia +: servizos directos e semidirectos de maior calidade cós Rexional e Rexional Exprés, polo que a súa tarifa era lixeiramente máis elevada. Estaban cubertos con material das series 499 e 599.
- R-598 / Nexios: servizos directos e semidirectos de calidade en liñas non electrificadas. O seu confort e velocidade eran superiores aos Rexional e Rexional Exprés, polo que a súa tarifa era lixeiramente máis elevada. Realizábanse de xeito exclusivo con unidades da serie 598.
- TRD: servizos directos e semidirectos de calidade en liñas non electrificadas. O seu confort e velocidade eran superiores aos Rexional e Rexional Exprés, polo que a súa tarifa era lixeiramente máis elevada. Realizábanse de xeito exclusivo con unidades da serie 594.
Liñas
Son moitas e un tren pode realizar unha combinación de varias. O tráfico en cada unha é diferente, estando algunhas moi transitadas con máis de 10 trens diarios por sentido como as de Alta Velocidade, a R-1 e máis a A-1 e outras con moi poucos trens ó día como a A-5.
Liñas de Alta Velocidade con servizos de Media Distancia
- Madrid-Cidade Real-Puertollano: herdada das Lanzadeiras de Alta Velocidade que funciona dende 1992 cando se abriu a LAV Madrid-Sevilla.
- Madrid-Toledo: dende 2005
- Sevilla-Córdoba-Málaga: dende 2008. Son unha alternativa rápida á liña A-2 para un traxecto Córdoba-Sevilla, á A-3 para un traxecto Sevilla-Málaga e á A-4 para un traxecto Córdoba-Antequera.
- Madrid-Segovia-Valladolid.
- A Coruña-Ourense. Ten a particularidade de circular na súa totalidade por vías de largo ibérico, polo que os trens non poden superar os 220 km/h. O tramo A Coruña - Santiago de Compostela é ademais na práctica unha liña convencional limitada a 200 km/h, carente de balizas LZB ou ERTMS.
Liñas R
Son as liñas que unen puntos do centro da Península Ibérica, divididas en tres grupos: A, B e C. Por elas, circulan os seguintes trens:
- Rexional (todas)
- Rexional Exprés (todas)
- MD 449 (R-8)
- MD 599 (R-25 e R-41)
Os números das liñas R non son sempre consecutivos porque certas liñas que existían foron desmanteladas desaparecendo a súa numeración ou ben certos ocos son debidos ao cambio de denominación de certas liñas ao crear os grupos de liñas do Levante, Cataluña, Galicia e Andalucía con nomenclaturas diferentes.
Liñas A
Son as liñas de Media Distancia que unen diferentes cidades de Andalucía e puntualmente saen cara a Estremadura ou Castela-A Mancha. Por elas, circulan os seguintes tipos de trens:
- Rexional (A-7 e A-8)
- Rexional Exprés (A-5 e A-6)
- MD (A-1, A-2 e A-3)
Liñas Ca
Son as liñas de Media Distancia que unen diferentes cidades de Cataluña e puntualmente saen cara a Aragón ou a Comunidade Valenciana. Por elas, circulan os seguintes tipos de trens:
- Rexional (Ca-1, Ca-2, Ca-3 e Ca-4)
- Rexional Exprés (Ca-1, Ca-3, Ca-4 e Ca-6)
- MD 449 (Ca-2)
Liñas G
Son as liñas de Media Distancia que unen diferentes cidades de Galicia e poden saír puntualmente a Castela e León e Portugal:
Liñas L
Son as liñas de Media Distancia que unen cidades da costa de levante (Comunidade Valenciana e Rexión de Murcia) entre si e con algunhas de Castela-A Mancha ou Aragón. Por elas, circulan os seguintes tipos de trens:
- Rexional Exprés (592) (L-1, L-2, L-3 e L-5)
- Rexional (596) (L-1, L-2 e L-3)
- MD (594 e 599) (L-6)
Remove ads
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads