From Wikipedia, the free encyclopedia
Padrón-Barbanza é unha estación ferroviaria de Adif situada no lugar da Escravitude, no concello de Padrón, provincia da Coruña.[1] Ten servizos de media distancia.
Atópase no eixe atlántico de alta velocidade e substitúe á antiga estación da Escravitude, situada na liña de ferrocarril vella.
A entrada en funcionamento da nova vía de tren entre A Coruña e Vigo comportou a modificación de horarios en estacións intermedias, como as Padrón e a de Pontecesures, que dan servizo aos trens rexionais.
Debido a isto, usuarios habituais dos trens deste servizo queixáronse da supresión do tren que pasaba por ambas as estacións sobre as sete e media da mañá e que agora o fai a esa hora, pero desde a nova estación Padrón-Barbanza.
Este tren era moi usado por persoas que traballan como funcionarios en Santiago e por estudantes na mesma cidade. Agora, o tren de proximide pasa polas antigas estacións de Pontecesures e Padrón ás oito da mañá e, para algúns, é demasiado tarde, co que se vén obrigados a coller o coche e conducir até A Escravitude se queren subir ao tren das sete e media da mañá.
A día de hoxe, pola estación Padrón-Barbanza paran tres trens diarios en cada sentido.[2]
Consultar horarios actualizados en:
Liña MD | Trens | Orixe/Destino | Estaciones intermedias | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
1 | MD | A Coruña | Cerceda-Meirama · Santiago de Compostela · Padrón-Barbanza · Vilagarcía de Arousa · Pontevedra · Redondela AV | Vigo-Urzáiz |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.