From Wikipedia, the free encyclopedia
A estación de Sahagún é unha estación de ferrocarril de Adif situada no concello de Sahagún, na provincia de León. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.
A estación atópase no punto quilométrico 61,2 da liña férrea de ancho ibérico que une Venta de Baños e Xixón.
A liña férrea, construída pola Compañía do Noroeste en 1863, orixinalmente de vía única sen electrificar, foi inaugurada no período entre 1860 e 1868, cun trazado moi favorable entre Palencia e León. Na actualidade permite desenvolver velocidades de 160 km/h, que poderían aumentarse cambiando o modelo de catenaria. Cando se produciu o desdobramento da vía a principios do século XX, construíuse a segunda vía separada uns 50 metros da actual, cun trazado sinuoso, durante un traxecto dun 2 km en dirección a León.
A estación atópase ao sueste da localidade. Ata hai poucos anos aínda se mantiña en pé o edificio de viaxeiros da antiga estación. Ten servizos de venda de billetes, teléfono, aseos e cantina. Tamén hai unha parada de taxis.
Conta con dúas plataformas de máis de 300 metros cada unha, estando recrecidas uns 280 metros, e conectadas coa estación tanto en superficie como por paso inferior. Conta con once vías, delas catro son de circulación, outras catro de estacionamento -delas dous xunto ao peirao de carga, unha dá acceso ao silo, outra á subestación e unha última vía morta.
Actualizado a 24 de xuño de 2016.
Actualizado a 24 de xuño de 2016.
Liña | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
Intercity | Madrid-Chamartin Alcázar de San Juan |
<> | León | |
' | Intercity | Madrid-Chamartin | <> | Vigo-Guixar |
17 | MD Rexional Exprés |
León Ponferrada |
<> | Valladolid Medina del Campo |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Sahagún |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.