Estación de Castelló de la Plana

From Wikipedia, the free encyclopedia

Estación de Castelló de la Planamap
Remove ads

A estación de Castelló de la Plana ou Castelló é a estación da rede de Adif de Castelló de la Plana. Pertence á liña Valencia-Tarragona do Corredor Mediterráneo (P.K. 69,5).

Datos rápidos Castelló de la Plana, Tipo ...
Remove ads

O edificio

Esta estación intermodal de nova construción está situada na rúa do Pintor Oliet nº 2, e substitúe á antiga Estación do Norte aberta en 1882 e situada algo máis ao leste da actual.

Nos anos 90, coa adecuación do Corredor Mediterráneo para converterse nunha liña de altas prestacións (velocidade máxima de 160 a 200 km/h), modificouse o trazado ao paso pola cidade de Castelló da Plana, construíndose un túnel baixo os barrios occidentais e unha estación de ferrocarril subterránea. Esta estación inaugurouse cando empezaron a circular os trens Euromed.

A estación consta de tres niveis (0, -1 e -2). O primeiro nivel contén os despachos de billetes, tendas e cafetería, o segundo é o distribuidor de plataformas, e o terceiro as tres plataformas cun total de 6 vías.

Xunto á estación de ferrocarril atópase a estación de autobuses, con liñas que conectan con municipios da provincia ou ben con liñas de longo percorrido. Igualmente, desde 2008 o novo modo de transporte TVRCas de trolebús.

Remove ads

Servizos ferroviarios

Proximidades

Castelló de la Plana é a cabeceira da liña C-6 de Proximidades Valencia, desde a que parten trens cun intervalo de 20 min en hora punta os días laborables a unha hora os fins de semana e festivos.

Nos meses de xullo e agosto, algúns destes trens convértense en rexionais cadenciados con destino Orpesa, que amplían o seu percorrido de proximidade con dúas estacións máis, Benicàssim e Orpesa.

Máis información Liña, Destino/orixe ...

Media Distancia

Circulan tres trens Rexional Exprés diarios en cada sentido, dous Valencia-Barcelona e un Valencia-Tortosa.

Máis información Orixe/destino, Liña ...

Longa Distancia

Máis información Nome do servizo, << ...
Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads