Estaleiro de Nelson
lugar Patrimonio da Humanidade en Antiga e Barbuda / From Wikipedia, the free encyclopedia
O estaleiro de Nelson (en inglés: Nelson's Dockyard) é un sitio de patrimonio cultural situado en English Harbour, na illa Antiga de Antiga e Barbuda. Forma parte do Parque Nacional do Estaleiro de Nelson, que tamén contén Clarence House e Shirley Heights.[1] O estaleiro foi declarado Patrimonio da Humanidade en 2016 pola UNESCO.
Datos rápidos Patrimonio da Humanidade - UNESCO, País ...
Estaleiro de Nelson | |
---|---|
Estaleiro de Nelson. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Antiga e Barbuda |
Localización | English Harbour |
Tipo | Cultural |
Criterios | ii, iv |
Inscrición | 2016 (XL sesión) |
Rexión da UNESCO | Latinoamérica e o Caribe |
Identificador | 1499 |
Pechar
Recibe o seu nome polo almirante Horatio Nelson, quen viviu en Royal Navy Dockyard dende 1784 até 1787.
O estaleiro de Nelson tamén alberga algúns dos eventos de vela e iates de Antiga, como a Antigua Sailing Week e o Antigua Charter Yacht Meeting, así como os Campionatos de América do Norte de 2015 e 2016.