Estatuas e retratos de monarcas hispanos
From Wikipedia, the free encyclopedia
A maioría destas estatuas son parte da serie de estatuas dedicadas a todos os monarcas de España que foron esculpidas en pedra branca, mandadas facer para a decoración do Palacio Real de Madrid no reinado de Fernando VI.[1]
Nun principio a idea era que adornasen a cornixa do palacio. Os autores son Olivieri e Felipe de Castro. Parece ser que nunca chegaron ao seu destino e instaláronse en distintos lugares da cidade (Praza de Oriente, O Retiro, Porta de Toledo e nos Xardíns de Sabatini) algunhas outras leváronse a outras provincias. As dos monarcas do reino de Navarra enviáronse a Pamplona, e están colocadas no Paseo de Sarasate.