From Wikipedia, the free encyclopedia
Estevo Vladislav I, Estevo III Vladislav I Nemanjić ou Stefan Vladislav I, en serbio latino Stefan Vladislav I, en serbio cirílico Стефан Владислав I, nado contra 1200 e finado en 1269), foi rei de Serbia desde 1233[1] até 1243.[2]
Nome orixinal | (sr) Стефан Владислав Немањић |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1198 (Gregoriano) Raška |
Morte | 1 de novembro de 1267 (68/69 anos) |
Lugar de sepultura | Mileševa monastery (en) 43°23′24″N 19°39′41″L |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Gran Principado de Serbia |
Relixión | Igrexa ortodoxa serbia |
Actividade | |
Ocupación | político |
Enaltecemento | |
Familia | |
Familia | Casa de Nemanjić |
Cónxuxe | Beloslava da Bulgária |
Pais | Estevo Nemanjić e Eudóxia Angelina (pt) |
Irmáns | Komnena Nemanjić (en) , Estevo Radoslav, Sava II de Serbia e Estevo Uroš I |
Era fillo de Estevo II Nemanjić Prvovenčani e neto do gran príncipe Estevo Nemanja e Ana, a neta de Enrico Dandolo, dux de Venecia.
Vladislav derrocou ao seu medio irmán máis vello, o rei Estevo Radoslav, coa axuda do seu sogro Iván Asen II de Bulgaria, adoptando o nome real de Stefan.
Con este cambio substituiuse a influencia do Despotado de Epiro que caracterizou o reinado de Radoslav por unha maior presenza búlgara na política serbia.
Estevo Vladislav asumiu o trono de Serbia tras de ser coroado polo seu tío Sava de Serbia, arcebispo de Serbia (San Sava).
En 1237, Vladislav trasladou o corpo de San Sava desde Tarnovo, lugar no que morrera, ao mosteiro de Mileševa.[3]
Despois da morte do seu sogro Iván Asen II, durante a invasión de Batu Kan en Europa Central, e durante a primavera de 1243, Estevo Vladislav foi derrocado polo seu irmán máis novo, Estevo Uroš.
Crese que este permitiulle a Vladislav gobernar o Principado de Zeta ou, en calquera caso, non o apartou completamente dun papel activo no goberno.[3]
Do seu matrimonio con Beloslava de Bulgaria, filla de Iván Asen II, Estevo Vladislav tivo tres fillos:
Tras a súa morte, acontecida non antes de 1264, os seus restos foron depositados no mosteiro de Mileševa, a onde levara os do seu tíuo San Sava.[4]
A descrición máis antiga coñecida dunha bandeira de Serbia é a que se fai en 1281 dunha bandeira no tesouro do rei Estevo Vladislav (1233–1243), que se encontrou na República de Dubrovnik.
A descrición é: "vexillum unum de zendato rubeo et blavo", unha bandeira de tea vermella e azul (zendato-čenda un tipo de tea lixeira, sedosa),[5]
Porén non se sabe como era o padrón das cores; a bibanda horizontal que se mostra á esquerda ás veces utilízase en conmemoracións de eventos medievais en Serbia.[6]
Como Vladislav reinou desde 1233 até 1243 e morreu despois de 1264, a bandeira é anterior á data en que se describiu, polo tanto probabelmente se utilizara xa ao redor de mediados do século XIII.
Esta bandeira utilizouse até o ano 1918, en que se substituíu pola actual tricolor eslava.
Predecesor: Estevo Radoslav |
Rei de Serbia 1233 – 1243 |
Sucesor: Estevo Uroš I |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.