![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/79/Ethanolamine_3D_spacefill.png/640px-Ethanolamine_3D_spacefill.png&w=640&q=50)
Etanolamina
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
A etanolamina, tamén chamada 2-aminoetanol ou monoetanolamina, é un composto orgánico de dous carbonos que é á vez unha amina primaria e un alcohol primario, xa que ten unido un grupo amino nun extremo da molécula e un grupo hidroxilo no outro extremo. Como as outras aminas, a monoetanolamina actúa como unha base feble. A etanolamina é un líquido tóxico, inflamable, corrosivo, incoloro, viscoso cun cheiro semellante ao do amoníaco.
Etanolamina | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
2-Aminoetanol | |
Outros nomes 2-Amino-l-etanol, Etanolamina, Monoetanolamina, β-aminoetanol, β-hidroxietilamina, β-aminoetil alcohol, Glicinol, Olamina, MEA | |
Identificadores | |
Número CAS | 141-43-5 |
PubChem | 700 |
ChemSpider | 13835336 |
UNII | 5KV86114PT |
Número CE | 205-483-3 |
DrugBank | DB03994 |
KEGG | D05074 |
ChEBI | CHEBI:16000 |
ChEMBL | CHEMBL104943 |
Número RTECS | KJ5775000 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C2H7NO |
Masa molar | 61,08 g mol−1 |
Aspecto | Líquido incoloro viscoso con cheiro a amoníaco |
Densidade | 1,012 g/cm3 |
Punto de fusión | 10,3 °C |
Punto de ebulición | 170 °C |
Solubilidade en auga | Miscible |
Presión de vapor | 64 Pa (20 °C)[1] |
Acidez (pKa) | 9,50[2] |
Índice de refracción (nD) | 1,4539 (20 °C)[3] |
Perigosidade | |
MSDS | JT Baker |
Frases R | R20, R34, R36/37/38 |
Frases S | S26, S27, S36/37, S39, S45 |
NFPA 704 | |
Punto de inflamabilidade | 85 °C (copa pechada) |
Temperatura de autoignición | 410 °C |
Límites de explosividade | 5.5 - 17% |
Compostos relacionados | |
Compostos relacionados | N-Metiletanolamina dietanolamina trietanolamina |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c4/Ethanolamine_miguelferig.jpg/220px-Ethanolamine_miguelferig.jpg)
A etanolamina denomínase comunmente monoetanolamina (MEA) para distinguila da dietanolamina (DEA) e trietanolamina (TEA). A etanolamina é a segunda cabeza polar máis abundante nas moléculas de fosfolípidos, substancias que forman parte das bicapas lipídicas das membranas celulares. Tamén forma parte de moléculas mensaxeiras como a palmitoiletanolamida, que afecta aos receptores de membrana acoplados á proteína G.
Densidade = 1.012 g/cm3. Punto de fusión = 10.3. Punto de ebulición = 170. Solubilidade = Miscible. pKa=9.50[2]. Presión de vapor = 64 Pa (20 °C)[4]. Índice de refracción = 1.4539 (20 °C)[5]