![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e3/Meganyctiphanes_norvegica2.jpg/640px-Meganyctiphanes_norvegica2.jpg&w=640&q=50)
Eufausiáceos
From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos eufausiáceos (Euphausiacea) é unha orde de crustáceos malacostráceos coñecidos xenericamente como krill.[1][2]
Eufausiáceos Euphausiacea | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Meganyctiphanes norvegica (Krill ártico) | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Familias e Xéneros | |||||||||||||
|
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c7/Antarctic_krill_%28Euphausia_superba%29.jpg/640px-Antarctic_krill_%28Euphausia_superba%29.jpg)
Encóntranse en todos os océanos do mundo. O nome krill vén do noruegués krill, que significa "peixiños fritidos",[1][3] que tamén adoito se atribúe a algunhas especies de peixes.
Son parecidos externamente aos camaróns, duns de 3 a 5 cm de lonxitude, e moi abundantes en todas as augas que circundan as zonas polares. Aliméntanse fundamentalmente con algas do fitoplancton. Á súa vez son o alimento fundamental de numerosas especies de peixes e tamén dos misticetos. Unha rotura na cadea alimenticia, da cal o krill forma parte, podería ter consecuencias catastróficas en termos ecolóxicos. O krill é, pois, un elemento estratéxico na bioloxía dos mares fríos, constituíndo quizais un dos elos máis importantes da rede trófica.