O camarón común,[1][2] ou camarón,[3] Palaemon serratus, é unha especie de crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos, infraorde dos carideos e familia dos palemónidos.[4]

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Camarón común
Palaemon serratus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Infraorde: Caridea
Familia: Palaemonidae
Subfamilia: Palaemoninae
Xénero: Palaemon
Especie: P. serratus
Nome binomial
Palaemon serratus
(Pennant, 1777)
Sinonimia
Véxase o texto
Pechar

Encóntrase nas costas do Atlántico oriental, desde Dinamarca até Mauritania, e no mar Mediterráneo (incluído o mar Negro).[5]

É o camarón máis abundante, e máis apreciado, nas rías galegas.

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita por Thomas Pennant en 1777, baixo o nome de Astacus seratus.[4][6]

Posteriormente foi incluída no xénero Palaemon, fundado por Friedrich Weber en 1795.[7]

Sinónimos

Ademais de polo nome actualmente válido (2021), a especie coñeceuse tamén, ao longo dos anos, polos sinónimos:[4]

  • Astacus serratus Pennant, 1777 (protónimo)
  • Cancer captivus Nardo, 1847
  • Leander latreillianus Czerniavsky, 1884
  • Leander latreillianus f. gigantea Czerniavsky, 1884
  • Leander latreillianus f. transitans Czerniavsky, 1884
  • Leander latreillianus f. typica Czerniavsky, 1884
  • Leander latreillianus var. aberrans Czerniavsky, 1884
  • Leander latreillianus var. intermedia Czerniavsky, 1884
  • Leander serratus (Pennant, 1777)
  • Melicerta triliana Risso, 1816
  • Palaemon rostratus Gimenez, 1922
  • Palaemon oratelli Monod, 1931

Características

Este camarón ten, como os seus parentes, un corpo longo e comprimido lateralmente. O cefalotórax, máis curto que o abdome, aparece globoso e liso, cun rostro (prologamento cara a diante máis alá dos ollos) ben desenvolvido e dentado en ambas as marxes.[8]

Precisamente o rostro permite distinguir a Palaemon serratrus doutras especies, xa que o ten curvado cara a arriba, coa punta dividida, e presenta de 6 a 7 dentes ao longo do seu bordo superior e de 4 a 5 no inferior,[5] mentres que outros camaróns, aínda que poden ter o rostro lixeramente curvado, neles os dentes continúan no terzo distal do rostro, que é liso en P. serratus.[9]

O abdome é longo e liso, coa marxe anterior da placa do segundo segmento ou metámero cabalgando sobre a a parte posterior do primeiro; o telson é alongado e triangular, con dous pares de espìñas dorsais e o bordo apical rematado en ángulo agudo, saínte, e con dúas espiñas marxinais pequenas e dúas internas máis longas.[8]

Translúcido, a súa coloración é rosado-apardazada, con pequenas manchas vermellas, e con bandas estreitas escuras que comezan no rostro e percorren o pereion transversalmente.[8]

Mide tipicamente uns 10 cm de lonxitude, sen contar as longas e finas antenas,[8] o que fai del o máis grande dos camaróns nativos das costas do mar do Norte.[10]

Este camarón é un dos poucos invertebrados cuxo oído foi estudado en detalle; é sensíbel ás frecuencias entre 100 Hz e 3 kHz, cunha agudeza similar á da xeneralidade dos peixes.[11]

Bioloxía

Vive de 3 a 5 anos[12] (ou até os 6, segundo autores)[8] en grupos duns 40 individuos, en gretas rochosas e furnas da costa, a profundidades de até 40 m.[13]

As femias medran máis rápido que os machos, e a poboación é estacional, cun pico pronunciado en outono.[14] Considérase que as femias non alcanzan a madurez sexual até rematar o segundo verán ou na primavera do seu terceiro ano de vida.[8]

A fecundación é interna, e as femias liberan, 4 ou 5 veces por ano, de dous a catro mil ovos que incuban levándoos debaixo do abdome, prendidos aos apéndices, até a eclosión. No interior do ovo transcorren as primeiras fases larvarias, de maneira que as larvas nacen xa na fase zoea, medindo de 3 a 4 mm; estas larvas teñen dous grandes ollos compostos e trres pares de apéndices a cada lado do cefalotórax, que empregan para nadar en posición vertical e invertida. O desenvolvemento larvario comprende sete estadios, dos que os tres primeiros se consideran como formas zoea e os catro seguintes como mysis, caracterizada esta última pola completa formación do abdome e o telson, e o comezo do desenvolvemento dos pleópodos. Despois da sétima muda ou metamorfose o pequeno camarón toma a forma adulta, aínda que non mide máis que 8 mm, cambian os seus costumes alimenticios e pousa no fondo, comezando a súa vida bentónica.[8]

A alimentación das larvas é a base de zooplancto. De adultos pasan a alimentarse de pequenos animais vivos ou mortos, materias en descomposición e algas.[8]

A especie sofre a depredación por parte de gran variedade de peixes, incluíndo especies das familias Mullidae, Moronidae, Sparidae e Batrachoididae.[15]

Pesca

Péscase merdiante trueis ou ganapáns, nasas e con artes de arrastre de malla fina. Non existe veda en Galicia, pero o tamaño mínimo de captura é de 3 cm, medidos desde os ollos até a aleta central da cola.[8]

Cultivo

O estudo do cultivo desta especie comezou na década de 1950, non chegándose aínda e un rendemento que faga posíbel unha explotación industrial sen un elevado risco. A alimentación das larvas é relativamente sinxela, a base de Artemia e rotíferos e, nas fases xuvenís, con carne de mexillón, restos de peixes, pensos compostos, algas etc. Un dos maiores inconvenientes é a tendencia ao canibalismo que presentan a todas as idades, o que limita a densidade de individuos nos estanques.[8]

Nomes populares galegos

En Galicia o nome máis estendido dos que se aplican á especie Palemon serratus, a máis común, como se dixo, dos carideos galegos, é o de camarón, recollido en máis de 50 localidades costeiras por Ríos Panisse.[16] e forma escollida polo Dicionario da Real Academia Galega.

Rosa Ramonell, na súa guía, dálle como nome principal camarón de roca, sinalando que son sinónimos camarón do lance, camarón manso, esquea, esquía, esquila[17], puntilla e quisquilla,[8] todos eles recollidos por Ríos Panisse no seu inventario nalgunha localidade, pero non, en cambio, o máis citado por esta última autora, camarón.

Gastronomía

O máis común dos camaróns galegos é tamén o máis apreciado gastronomicamente e solicitado para celebrar festas especiais e que se pode ver, simplemente cocido, en moitas mesas do país en datas sinaladas, como en noiteboa, Nadal ou noitevella, época na que alcanza elevadísimos prezos nos mercados (a xente previsora acostuma a mercalos en outono, cando son máis abundantes e baratos, e a conxelalos para as festas).

O mestre Álvaro Cunqueiro, porén, dedícalle pouca atención na súa obra A cociña galega:[18]

Quedan algunhas cosas miudiñas, unhas que non son de moito mérito, coma os santiaguiños, que tiran a seco, aínda que haxa aficionados a xantalos en tortilla, con pirixel picado, ou en salpicón, e outras que son escelentes, cun sabor fino, moi propio, coma os camaróns, que se poden comer cocidos, en tortilla, e si son grandiños, á plancha. Coido que coma millor están é cocidos, simplemente. O sabor do camarón é moi de seu, algo segredo.
A. Cunqueiro, A cociña galega, p. 73.

O seu discípulo Jorge Víctor Sueiro si se mostra máis entusiasta con este crustáceo, que chega a considerar como un mariscal de la marisquería.[19]

Un mariscal de la marisquería. Siento mucho que los camarones académicos, cuya definición acabamos de leer,[20] no pasen de tres o cuatro centímetros. Yo acabo de tomar unos soberbios camarones de la mano de Pepe Simón, en Cangas de Morrazo, y de Pepe Solla, en Poyo, los dos de Pontevedra, que si no se acercaban a los diez centímetros le andaban cerca. Rojos como rostro de muchacha en flor ruborizada, esplendorosos, no pálidamente rosados como las quisquillas que entremezclan en la definición nuestros sabios del lenguaje. Claro está que también hay camarón más chico, sobre todo ahora que lo pescan todo, incluso lo recién nacido. Soy un gramn devoto de este marisco...
J.-V. Sueiro, Manual del marisco, pp. 201-202.

Loanzas que continúa en Comer en Galicia:[21]

El camarón es otro bocado exquisito y caro de la despensa marina gallega. El común de las gentes suele llamarles quisquillas si son pequeños, siendo así que la quisquilla es otro crustáceo que, cuando menos, es de color mucho más pálido luego de la cocción que el color brillante y rojo vivo de los camarones. Suele verse con frecuencia en los mercados de los puertos de mar de Galicia, todavía sobre un saco humnedecido en agua de mar, en el que deben permanecer hasta su cocción en vivo. Tienen un color bronceado fuerte que luego cambia al rojo, cuando pasan por el agua hirviendo. El sistema de cocción es similar al dicho para los percebes.[22] Para el camarón se estila también otra fórmula parecida a la que tienen en Sanlúcar de Barrameda para los langostinos; esto es, cocerlos sin sal. La sal se espolvorea después, al escurrirlos con un colador. Complementando esa sal con hielo picado, también los camarones adquieren un color mucho más brillante y apetitoso. (...) La trotilla de camarones es un hallazgo gastronómico que presentan especialmente bien en "Solla", de Poyo (Pontevedra).
J.-V. Sueiro, Comer en Galicia, p. 80.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.