From Wikipedia, the free encyclopedia
Eufrosina de Polack (belaruso: Еўфрасіння Полацкая, nada como Predslava probablemente en Viciebsk[1] ca. 1104[2] e finada en Xerusalén entre o 23 e o 25 de maio de 1167,[3] foi unha nobre do principado de Polack, filla do príncipe Sviatoslav de Polack, venerada como santa entre os ortodoxos, en particular os de Belarús, Ucraína e Rusia; a súa festa celébrase o 23 de maio e tamén a veneran tradicionalmente os católicos.[4]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1104 Viciebsk |
Morte | 1167 Xerusalén |
Lugar de sepultura | Polatsk (pt) |
Hegúmeno | |
década de 1120 – | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Principado de Polotsk (pt) |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Actividade | |
Ocupación | monxa |
Lingua | Antigo eslavo oriental |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 5 de xuño |
Outro | |
Título | Knez |
Pais | Svyatoslav Vseslavich of Polotsk (en) e Sofya Monomakh (en) |
Irmáns | Gradislava Sviataslavna (en) , Q2502306 , Vyachko Svyatoslavich (en) e Q5214062 |
Existe moi pouca documentación da época sobre ela e gran parte dos feitos da súa vida proceden dunha haxiografía, unha vida de Santa Eufrosina de Polock, que se escribiu na segunda metade do século XII.
Predslava naceu no seu dunha familia nobre Rúrika que gobernaban o principado de Polotsk, no que é a moderna Belarús. Seu pai era o príncipe Sviatoslav-Georgy Vseslavich, fillo Vseslav de Polack.[5] Segundo a "Vida" tiña dous irmáns, Gardislava e David.
Recibiu unha relativa boa educación e con doce anos seu pai intentou casala pero ela rexeitou todas as proposicións que lle fixo e en segredo tomou os votos nun mosteiro[6] que tiña como abadesa á viúva dun tío seu, que ao primeiro, segundo a tradición, desaprobou a súa decisión pero que acabou por acollela como freira co nome de Eufrosina. Contra finais da década de 1110 pronuncia os votos selemnes (skhima) e coa bendición do bispo de Polack, estableceuse nunha cela próxima á catedral de Sofía de Polack, onde se dedicou á copia de manuscritos.
Arredor de 1128[7] o bispo Elías de Polotsk confioulle a Eufrosina a tarefa de organizar un mosteiro feminino nos arredores de Polack, nas beiras do río Palata e no novo mosteiro aprendeulle ás freiras a copiar libros, cantar ou coser. En 1160 pola súa iniciativa iniciouse a construción da Igrexa do Santo Salvador ao lado do mosteiro e que posteriormente levaría o seu nome.
Cara ao final da súa vida, realizou unha peregrinación a Constantinopla e a Terra Santa. Realizou a viaxe por terra e non pola ruta tradicional comercial dos varegos.[8] De camiño a Constantinopla reuniuse co emperador Manuel que estaba en campaña contra dos húngaros. Xa en Constantinopla o patriarca deulle unha icona da Theotokos, agora denominada Virxe de Korsun. O rei cruzado, Amalrico I de Xerusalén, tamén a recibiu á súa chegada á Terra Santa, e alí morreu en 1167.
O seu corpo levárono os monxes, tras a conquista de Xerusalén por Saladino en 1187, a Kíiv e quedou depositado no Mosteiro das Grutas[9] ata que en 1910 as reliquias se depositaron na cidade na que se consideraba que nacera segundo a tradición, Polack, tras peticións infrutuosas dos bispos de Viciebsk e Polock ao longo do século XIX e a transferencia dunha parte das reliquias en 1871.[10] Durante a evacuación de 1915 da localidade no decurso da primeira guerra mundial as reliquias leváronse a Rostov e tras a revolución de 1917 acabaron nunha exposición ateísta en Moscova mais volveron para se expoñer no Museo de Historia Rexional de Viciebsk.[11] Durante a ocupación alemá, os fieis transladaron os restos á catedral de Viciebsk e o 23 de abril de 1943 volveron a Polock.
A súa festa celébrase o 23 de maio.[12] A súa veneración comezou a fins do século XII, cando se escribiu a haxiografía sobre a súa vida, quizais antes de 1187 e nun dos mosteiros fundados por Eurofrosina, e o seu culto non se espallou fóra da súa rexión ata o século XVI cando se sistematizou a haxiografía das santas da ortodoxia rusa nos concilios locais da igrexa ortodoxa rusa de 1547 e 1549. Non obstante, non foi ata 1893 que se recoñeceu o servizo de Santa Eufrosina.[13]
Eufrosina de Polotsk está considerada unha santa patroa de Belarús[5] e alí existe un convento de Santa Eufrosina en Polack mais unha igrexa ortodoxa a ela dedicada en Minsk,[14] tamén conta con igrexas titulares en Toronto,[15] Vilnius[16] e South River (Nova Jersey)
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.