Europa (lúa)
satélite natural de Xúpiter / From Wikipedia, the free encyclopedia
Europa ( pronunciación (axuda · info)) é unha das lúas de Galileo do planeta Xúpiter, que son catro lúas masivas e exóticas co tamaño de verdadeiros planetas.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2017.) |
Europa é única por si propia, preséntase cunha superficie xeada moi brillante con riscos coloridos. Pénsase que sexa un mundo oceánico cuberto por unha capa de xeo que protexe o mar interior da adversidade do espazo exterior. Debido ás condicións existentes no seu interior, algúns científicos xulgan que podería existir vida, tal como a que existe nas profundidades dos mares da Terra. É con Marte, o lugar máis probable onde se pensa que é posible atopar vida extraterrestre.