From Wikipedia, the free encyclopedia
Eusko Trenbideak - Ferrocarriles Vascos, S.A. é unha sociedade pública do Goberno Vasco creada en 1982[1] para operar as liñas de ferrocarril de vía normal dentro da Comunidade Autónoma do País Vasco, acorde coas competencias do Estatuto de Autonomía do País Vasco.[2]
Desde a década de 1990, o operador adopta o nome comercial EuskoTren,[3] e a partir de 2011 engloba todos os seus servizos baixo o logotipo aglutinador euskotren.[4]
A empresa opera diferentes servizos de transporte baixo as marcas Euskotren Trena, Euskotren Tranbia, Euskotren Autobusa e Euskotren Kargo.[5]
EuskoTren foi, ata abril de 2012, a marca comercial con que se coñece aos servizos ferroviarios de pasaxeiros. En abril de 2012 englóbanse as distintas marcas de Eusko Trenbideak - Ferrocarriles Vascos, e EuskoTren pasa a denominarse oficialmente Euskotren Trena.
1D | Atxuri-Bilbao - Ermua | Durangaldea |
1K | Ermua - Amara-Donostia | Kostaldea |
1T | Ermua - Azitain-Éibar | Tranbia |
2 | Lasarte Oria - Hendaia | Topo / metro donostialdea |
3 | Atxuri-Bilbao - Bermeo | Urdaibai |
4 | Zazpi Kaleak-Bilbao - Lezama | Txorierri |
5 | Escontrilla - Larreineta | Funicular |
6 | Lasao - Azpeitia | Tren de Vapor |
L3 | Etxebarri-Norte - Matiko | Liña 3 de Metro Bilbao (en construción) |
L3» | Matiko - Aireportua | Conexión ferroviaria co Aeroporto de Bilbao (en construción) |
EuskoTran foi a marca comercial dada aos servizos de tranvías de Euskadi. En abril de 2012 englóbanse as distintas marcas de Eusko Trenbideak - Ferrocarriles Vascos, e EuskoTran pasa a denominarse oficialmente Euskotren Tranbia.
A implantación das novas marcas de Euskotren comezou con Euskotren Tranbia en Bilbao, aproveitando a ampliación da liña de tranvía que entrou en servizo o 25 de abril de 2012. Coa posta en marcha do novo tramo, levouse a cabo a actualización do material gráfico de información aos viaxeiros, utilizando xa a nova marca.[6]
Atxuri - La Casilla | Tranvía de Bilbao |
Angulema - Ibaiondo | Tranvía de Vitoria |
Angulema - Abetxuko | Tranvía de Vitoria |
Leioa - UPV/EHU | Tranvía de Leioa (en construción) |
EuskoKargo foi, desde 2007, a marca comercial destinada ao transporte de mercancías polas liñas ferroviarias vascas.[7] En abril de 2012 englóbanse as distintas marcas de Eusko Trenbideak - Ferrocarriles Vascos, e EuskoKargo pasa a denominarse oficialmente Euskotren Kargo.
Euskotren opera liñas de autobús interurbanas en Biscaia (integradas no servizo de Bizkaibus da Deputación Foral de Biscaia), e en Guipúscoa (integradas no servizo de Lurraldebus da Deputación Foral de Guipúscoa).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.