From Wikipedia, the free encyclopedia
A eutanasia[1] (do grego: εὐθανασία; a "boa morte": εὖ, eu; "bo" + θάνατος, thanatos; "morte") é a práctica de terminar cunha vida de xeito intencionado para acabar coa dor ou co sufrimento.[2][3]
Dependendo dos países, hai diferentes leis de eutanasia. Segundo o comité de ética médica da Cámara dos lords do Reino Unido, a eutanasia é "unha intervención deliberada levada a cabo coa intención expresa de acabar cunha vida para aliviar un sufrimento insoportable".[4] Nos Países Baixos e en Bélxica, a eutanasia enténdese como "a terminación dunha vida por parte dun médico e por petición dun paciente".[5] Porén, a lei neerlandesa non usa o termo 'eutanasia', senón que inclúe o concepto nunha definición máis ampla de "suicidio asistido e terminación dunha vida baixo petición".[6]
A eutanasia pódese categorizar de varios xeitos, como voluntaria, non voluntaria e involuntaria:[7]
No ano 2006 a eutanasia converteuse no eido de investigación máis activo da bioética.[8] Nalgúns países hai controversia pública sobre as cuestións morais, éticas e legais asociadas á eutanasia. A eutanasia pasiva (coñecida coloquialmente como "desenchufar") é legal baixo certas circunstancias en varios países. Porén, a activa, só é legal ou legal de facto en poucos países (por exemplo: no Canadá, Bélxica, Suíza e España), pero está limitada a circunstancias específicas e require a aprobación médica ou de conselleiros de saúde mental. Nalgúns países como Nixeria, Arabia Saudita ou Paquistán, o apoio á eutanasia activa e practicamente inexistente.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.