Everglades
From Wikipedia, the free encyclopedia
Everglades é unha ampla rexión do estado de Florida, no sur dos Estados Unidos, así como o nome dunha cidade do condado de Collier no mesmo estado. O termo everglade provén da lingua inglesa e significa "clareamento perpetuo " en galego.[1]
Ecoloxicamente, os Everglades son unha rexión pantanosa subtropical situada no sur da Florida, cunha gran relevancia ecolóxica. A zona alberga varias especies nativas e actualmente está protexida polo Parque Nacional dos Everglades (Everglades National Park).[2]
Greater Miami (a área metropolitana de Miami) recibe gran parte da auga dos Everglades.
- O aerobarco converteuse nunha atracción ecoturística popular na zona
- O manatí forma parte da fauna acuática desta rexión
- A xuncia é a vexetación típica dos Everglades