A física clásica trátase da parte física construída antes das revolucións científicas de cambio de séculos XIX a XX, polo tanto, a única que existiu antes do século XX e que agora se considera como a física da escala humana, vivindo unha época na que é considerada como aproximación manexable e observable da física moderna. A súa base está na Mecánica newtoniana, aínda que tamén abrangue outros apartados como a óptica ou a electricidade. Normalmente, hoxe esténdese a súa definición a todo o que non sexa mecánica cuántica, aínda que moitas veces se considera asemade a Teoría da Relatividade excluída dela.

Definición

Denomínase física clásica á física baseada nos principios previos á aparición da física cuántica, incluíndo a Teoría Especial da Relatividade. Non hai restricións da aplicación da física clásica e os seus principios pero, na práctica, a escala de dita física é a dos átomos illados, moléculas e cara a arriba, incluíndo o mundo macroscópico e a astronomía. Dentro do átomo e entre os átomos dunha molécula, as leis da física clásica non poden ser aplicadas correctamente. Ata a teoría clásica da radiación electromagnética é, dalgún xeito, limitada na súa capacidade de prover descricións correctas, dado que a luz é inherentemente un fenómeno cuántico. Ao contrario que a física cuántica, a clásica caracterízase, en xeral, por un principio de completo determinismo.

Dentro a categoría da física clásica inclúense:

Matematicamente, a física clásica é aquela en cuxas ecuacións non aparece a constante de Planck.

Un paradigma actual principal da física é que as leis fundamentais da natureza son as leis da física cuántica e a teoría clásica é a aplicación das leis cuánticas ao mundo macroscópico. Aínda que na actualidade esta teoría é máis asumida que probada, un dos campos de investigación máis activos é a correspondencia clásica-cuántica. Este campo da investigación céntrase en descubrir como as leis da física cuántica producen física clásica no límite do mundo macroscópico.

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.