Crime

Ofensa á lei penal From Wikipedia, the free encyclopedia

Crime
Remove ads

Un crime[1][2] (do termo en latín crimen) ou delito é unha ofensa á lei penal dun estado ou doutra autoridade.[3] O crime, así como toda infracción penal, caracterízase pola práctica dunha conduta tipificada pola lei penal como ilícita. Só se consideran crimes as condutas practicadas por humanos.

Thumb
Deseño amosando un home sendo roubado e agredido. O roubo e a lesión corporal son exemplos de crimes.

Nun sentido vulgar, crime é un acto que viola unha norma moral. Nun sentido formal, crime é unha violación da lei penal incriminadora. No concepto material, crime é unha acción ou omisión que se prohibe e se procura evitar, ameazándoa con pena, porque constitúe ofensa (dano ou perigo) a un ben xurídico individual ou colectivo. A prohibición de actos como o asasinato, a violación e o roubo é internacional.[4]

Como concepto analítico, o crime pode ser dividido en dúas vertentes: a causalista e a finalística. A teoría causalista da acción (ou Teoría Clásica), observa o crime como un feito tipificado como tal por lei e ilegal. Tal división baséase na premisa de que a culpabilidade é un vínculo subxectivo entre a acción e o resultado de certa conduta e non é considerada como requisito para caracterizar un crime.

Para a teoría finalista da acción, a máis aceptada polos doutrinadores, unha conduta só será considerada criminal se for típica, ilícita e culpábel, unha vez que os motivos e obxectivos subxectivos do axente son analizados e decisivos para a caracterización ou non da infracción. A conduta só será considerada criminal se for recoñecido o dolo na motivación do axente criminoso, ou a culpa, cando a Lei Penal expresamente prever esta posibilidade.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads