From Wikipedia, the free encyclopedia
Fantasia é un filme estadounidense de animación de 1940, producido por Walt Disney e lanzado por Walt Disney Productions. Coa dirección da historia de Joe Grant e Dick Huemer, e a supervisión de produción de Ben Sharpsteen, é o terceiro filme dos clásicos de Disney. Consta de oito segmentos animados acompañados de pezas de música clásica dirixidas por Leopold Stokowski; sete delas foron interpretadas pola Orquestra de Philadelphia. O crítico e compositor Deems Taylor actúa como mestre de cerimonias, e é o encargado de introducir cada segmento con escenas de acción real entre as de animación.
Fantasia | |
---|---|
Fotograma do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Fantasia |
Director | Véxase Créditos |
Produtor | Walt Disney |
Guión | Joe Grant Dick Huemer |
Intérpretes | Leopold Stokowski Orquestra de Philadelphia |
Música | Véxase Créditos |
Fotografía | James Wong Howe |
Montaxe | Walt Disney Productions |
Distribuidora | Walt Disney Productions RKO Radio Pictures |
Estrea | 13 de novembro de 1940[1] |
Duración | 126 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación |
Orzamento | $2 280 000[3][4] |
Recadación | $83 300 000[5][6] |
Na rede | |
http://movies.disney.com/fantasia/ | |
Todo un clásico de Disney, unha colección de interpretacións animadas de grandes obras de música clásica. No "Aprendiz de meigo" (P. Dukas), Mickey Mouse, discípulo dun meigo, métese nun gran problema debido a que os seus coñecementos de maxia son aínda limitados. "A Consagración da primavera" (Stravinsky) conta a historia da evolución, dende os seres unicelulares ata a extinción dos dinosauros. "A Danza das Horas" (Ponchielli) é un fragmento dun ballet cómico interpretado por elefantes, hipopótamos, crocodilos e avestruces. "Unha noite na Montaña Pelada" de Mussorgsky e o "Ave Maria" de Schubert describen o enfrontamento entre a escuridade e a luz.
Banda sonora dirixida por Leopold Stokowski. Interpretadas pola Orquestra de Philadelphia, agás cando está indicado.
Segmento | Persoal |
---|---|
Escenas de acción en vivo |
Lista
|
Toccata and Fugue in D Minor |
Lista
|
Nutcracker Suite |
Lista
|
The Sorcerer's Apprentice |
Lista
|
The Rite of Spring |
Lista
|
Intermission/Meet the Soundtrack |
Lista
|
The Pastoral Symphony |
Lista
|
Dance of the Hours |
Lista
|
Night on Bald Mountain e Ave Maria |
Lista
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.