A fenta ou fento femia (Athyrium filix-femina) é unha especie de fieito longo e plumoso, natural na maior parte do Hemisferio Norte temperado, xeralmente abundante en ambientes húmidos e sombrizos (bosques) e que se planta a miúdo como elemento decorativo. Recibe tamén o nome de fento manso.

Máis información Fento femia, Clasificación científica ...
Fento femia
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pteridophyta
Clase: Pteridopsida
Orde: Polypodiales
Familia: Woodsiaceae
Xénero: Athyrium
Especie: ''A. filix-femina''
Nome binomial
'Athyrium filix-femina'
(L.) Roth
Pechar
Debuxo do século 19

A planta é cespitosa (as frondas medran a partir do grupo basal ao longo do rizoma). As frondes son amarelo-verdosas, de 20–90 cm de lonxitude e 5–25 cm de amplo; e son caducas. Os soros semellan puntos no envés das frondes, entre 1-6 soros por pínnula, cubertos por unha prominencia albeira, e con forma de ril. As frondes son tripinnuladas.

Cultivo e usos

O rizoma e as frondes novas son velenosas se están cruas, mais comestibles despois de cociñalas.

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.