Fernando I de Aragón
rei de Aragón, de Valencia, de Mallorca, de Sicilia, de Sardeña e de Córsega / From Wikipedia, the free encyclopedia
Fernando I de Aragón, nado en Medina del Campo o 27 de novembro de 1380 e finado en Igualada o 2 de abril de 1416, chamado tamén Fernando de Trastámara, Fernando de Antequera, Fernando o Xusto e Fernando o Honesto, foi infante de Castela, rei de Aragón, de Valencia, de Mallorca, de Sicilia, de Sardeña e de Córsega; duque de Neopatria e de Atenas; conde de Barcelona, de Rosellón e de Cerdaña; e rexente de Castela. Foi o primeiro monarca aragonés da dinastía castelá dos Trastámara, aínda que era Aragón (como o resto dos pretendentes ao trono no Compromiso de Caspe) pola rama materna, pois a súa nai Leonor de Aragón era irmá de Martiño I de Aragón, chamado o Humano.[2][3]
Datos rápidos Predecesor, Sucesor ...
Fernando I de Aragón | |
---|---|
Rei de Aragón | |
Retrato de Fernando I, o de Antequera | |
Rei de Aragón, Valencia, Mallorca, Sicilia, Sardeña e Córsega; conde de Barcelona, Rosellón y Cerdaña; duque de Atenas e Neopatria | |
1412 - 2 de abril de 1416 | |
Predecesor | Martiño I |
Sucesor | Afonso V |
Coroación | Proclamación o 28 de xuño de 1412; 3 de setembro, xura nas Cortes de Aragón; entre o 15 de decembro de 1412 e o 31 de agosto de 1413, xura nas Cortes catalás; as de Valencia convocaranse para o 15 de abril de 1413, pero a revolta de Xaime II de Urgel e a coroación en Zaragoza impediu o seu inicio;[1] coroación: 11 de febreiro de 1414 en Zaragoza (catedral da Seo) |
Outros títulos | Rexente de Castela (1406-1416); señor de Lara, duque de Peñafiel e conde de Mayorga; por matrimonio, conde de Alburquerque e de Ledesma e señor de Castro de Haro |
Nacemento | 27 de novembro de 1380 Medina del Campo, Coroa de Castela |
Falecemento | 2 de abril de 1416 (35 anos) Igualada, Coroa de Aragón |
Sepultura | Sepulcros Reais do mosteiro de Poblet |
Consorte | Leonor Urraca de Castela |
Descendencia | Véxase descendencia |
Casa real | Casa de Aragón-Casa de Trastámara |
Proxenitores | Xoán I de Castela Leonor de Aragón e de Sicilia |
Na rede | |
Pechar