festival anual de cinema celebrado en Tesalónica, Grecia From Wikipedia, the free encyclopedia
O Festival Internacional de Cinema de Tesalónica (en grego: Διεθνές Φεστιβάλ Κινηματογράφου Θεσσαλονίκης) é un festival de cinema que se celebra anualmente na cidade grega de Tesalónica. O festival é unha competición internacional con numerosos premios cada ano, sendo o máis destacado o "Alexandre de Ouro" para o mellor filme.
Festival Internacional de Cinema de Tesalónica | |
---|---|
Tipo | festival de cinema |
Data de fundación | 1960 |
Sede | Tesalónica |
País | Grecia |
40°38′25″N 22°56′08″L | |
Na rede | |
http://www.filmfestival.gr/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O primeiro período do Festival de Cinema de Tesalónica comeza en 1960 e remata en 1991. Durante este período o festival amosou exclusivamente filmes gregos. As primeiras edicións do festival celebráronse baixo a modesta "Semana do Cinema Grego". Dende 1965 até 1991 o festival foi nomeado "Festival de Cinema Grego".[1][2] Durante eses anos, o festival pasou a través de diferentes fases. Os primeiros anos, o festival foi un importante evento social coa aparición de celebridades locais. Durante a xunta militar grega (1967-1974) produciuse unha época de censura. Durante a Metapolitefsi a nova xeración de directores gregos dominaron os galardóns, mais ó mesmo tempo o festival fíxose cada vez máis politizado con dous grupos opostos. A tensión entre os dous grupos acadou o seu pico en 1977, cando o festival quedou dividido en dous. A división durou só un ano. Durante a década de 1980, a importancia do festival declinou até 1992, cando evolunionou nun importante festival internacional de cinema.[3][4]
Ano | Filme | Director | Orixe |
---|---|---|---|
1992 | Orlando | Sally Potter | Reino Unido |
Dance in the Night | Aleko Tsabadze | Xeorxia | |
1993 | Ap' to chioni | Sotiris Goritsas | Grecia |
1994 | Dōng chūn de rìzǐ | Wang Xiaoshuai | China |
1995 | Yóuchāi | He Jianjun | China |
1996 | Brothers in Trouble | Udayan Prasad | Reino Unido |
1997 | Road to Nhill | Sue Brooks | Australia |
1998 | Fishes in August | Yōichirō Takahashi | Xapón |
1999 | Xǐ zǎo | Zhang Yang | China |
2000 | Last Resort | Paweł Pawlikowski | Reino Unido |
2001 | Tirana viti 0 | Fatmir Koçi | Albania |
2002 | Woman of Water | Hidenori Sugimori | Xapón |
S̄ud s̄aǹeh̄ā | Apichatpong Weerasethakul | Tailandia | |
2003 | The Last Train | Aleksei German | Rusia |
2004 | Bitter Dream | Mohsen Amiryousefi | Irán |
2005 | Een ander zijn geluk | Fien Troch | Bélxica |
2006 | Gajokeui tansaeng | Kim Tae-yong | Corea do Sur |
2007 | Hóngsè kāngbàiyīn | Cai Shangjun | China |
2008 | Over There | Abdolreza Kahani | Irán |
2009 | Ajami | Scandar Copti e Yaron Shani | Israel / Alemaña |
2010 | Periferic | Bogdan George Apetri | Romanía |
2011 | Twilight Portrait | Angelina Nikonova | Rusia |
2012 | Kapringen | Tobias Lindholm | Dinamarca |
2013 | La jaula de oro | Diego Quemada-Díez | México |
2014 | La Tirisia | Jorge Perez Solano | México |
2015 | Hrútar | Grímur Hákonarson | Islandia |
2016 | Deadly Wheelchairs | Attila Till | Hungría |
2017 | Korparna | Jens Assur | Suecia |
2018 | Ray & Liz | Richard Billingham | Reino Unido |
2019 | O que arde[5] | Óliver Laxe | Galicia |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.