Fibrinóxeno
From Wikipedia, the free encyclopedia
O fibrinóxeno (ou factor I de coagulación) é unha glicoproteína soluble do plasma, sintetizada no fígado, que se converte en fibrina pola acción da trombina durante a coagulación do sangue.
Estrutura cristalográfica dun fragmento de fibrina humana.[1] | |
Cadea alfa do fibrinóxeno | |
Identificadores | |
Símbolo | FGA |
Entrez | 2243 |
HUGO | 3661 |
OMIM | |
RefSeq | NM_000508 |
UniProt | P02671 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 4 q28 |
Cadea beta do fibrinóxeno | |
Identificadores | |
Símbolo | FGB |
Entrez | 2244 |
HUGO | 3662 |
OMIM | |
RefSeq | NM_005141 |
UniProt | P02675 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 4 q28 |
Cadea gamma do fibrinóxeno | |
Identificadores | |
Símbolo | FGG |
Entrez | 2266 |
HUGO | 3694 |
OMIM | |
RefSeq | NM_021870 |
UniProt | P02679 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 4 q28 |
estrutura cristalina do fibrinóxeno nativo de polo con dous ligandos diferentes | |
Fibrinóxeno alfa/familia da cadea beta | |
Identificadores | |
Símbolo | Fib_alpha |
Outros datos |
Fibrinóxeno alfa dominio C | |
Identificadores | |
Símbolo | Fibrinogen_aC |
Outros datos |
estrutura cristalina de fibrinóxeno nativo de polo con dous ligandos diferentes | |
Cadeas beta e gamma do fibrinóxeno, dominio globular C-terminal | |
Identificadores | |
Símbolo | Fibrinogen_C |
Outros datos |
Esta transformación ten lugar na cascada de coagulación que activa a protrombina (un cimóxeno) en trombina (unha serina protease), que é responsable de converter o fibrinóxeno en fibrina. A fibrina establece despois enlaces cruzados co factor XIII para formar o coágulo. O FXIIIa estabiliza a fibrina ademais pola incorporación dos inhibidores da fibrinólise alfa-2-antiplasmina e TAFI (inhibidor da fibrinólise activable pola trombina), e unindo diversas proteínas de adhesión de varias células.[2] Tanto a activación do factor XIII pola trombina coma o activador do plasminóxeno (t-PA) son catalizadas pola fibrina.[2] A fibrina únese especificamente aos factores de coagulación activados factor Xa e á trombina e atrápaos na rede de fibras, funcionando así como un inhibidor temporal destes encimas, que permanecen activos e poden liberarse durante a fibrinólise.[3] Investigacións recentes mostraron que a fibrina pode intervir na resposta inflamatoria e no desenvolvemento da artrite reumatoide.[4]