![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/72/Massospondylus_Skull_Steveoc_86.png/640px-Massospondylus_Skull_Steveoc_86.png&w=640&q=50)
Fiestra anteorbital
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha fiestra anteorbital ou ventá anteorbital é unha abertura no cranio que se encontra diante da órbita ocular. Esta característica do cranio está fundamentalmente asociada cos arcosauros, e apareceu primeiro durante o Triásico. Entre os arcosauros existentes, as aves aínda posúen fiestras anteorbitais, mentres que os crocodilianos as perderon. A súa perda nos crocodilianos crese que está relacionada coas necesidades estruturais dos seus cranios para ter máis forza de trabada e para os comportamentos alimenticios que eles empregan.[1][2] Nalgunhas especies de arcosauros, a abertura pechouse pero a súa localización aínda está marcada pola existencia dunha depresión ou fosa, na superficie do cranio chamada fosa anteorbital.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/72/Massospondylus_Skull_Steveoc_86.png/640px-Massospondylus_Skull_Steveoc_86.png)
A fiestra anteorbital alberga un seo paranasal que conflúe coa cápsula nasal adxacente.[3] Aínda que os crocodilianos pecharon as súas fiestras anteorbitais, aínda conservan un seo anteorbital.[3]
Nos dinosauros terópodos, a fiestra anteorbital é unha abertura no cranio. Sistematicamente, a presenza de fiestra anteorbital considérase unha sinapomorfía que reúne os terópodos tetanuros formando un clado. Ao contrario, a maioría dos dinosauros ornitisquios reducen e incluso pechan as súas fiestras anteorbitais,[3] como ocorre nos hadrosauros e nos dinosauros do xénero Protoceratops. Este peche distingue Protoceratops doutros dinosauros ceratopsios.[4]