Filmes propostos ó mellor filme internacional na 86ª edición dos Óscar
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Esta é unha lista dos filmes propostos na 86ª edición dos Óscar para o mellor filme en lingua non inglesa.[1] A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar un filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956.[2] O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa.[2][3] O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados.[3]
Os filmes candidatos debían terse estreado nos cinemas dos seus respectivos países entre o 1 de outubro de 2012 e o 30 de setembro de 2013.
A data límite para presentar as propostas foi o 1 de outubro de 2013 e a Academia anunciou alistaxe de filmes elixibles a finais dese mes.[3] 76 filmes presentaron filmes.[4] Moldavia,[4] Arabia Saudita[5] e Montenegro[6] presentaron filmes por primeira vez. Paquistán enviou un filme por primeira vez en 50 anos.[7]
A lista curta de candidatos foi anunciada en decembro de 2013,[8] e os cinco candidatos (Bélxica, Camboxa, Dinamarca, Italia e Palestina) anunciáronse o 16 de xaneiro de 2014.[9][10]
O filme italiano do director Paolo Sorrentino La grande bellezza gañou o premio.[11]