Óscar ó mellor filme internacional
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Óscar ó mellor filme internacional ("Academy Award for Best International Feature Film"),[nb 1] chamado ata 2020 Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa ("Best Foreign Language Film"), é un dos Premios da Academia, popularmente coñecidos como Oscars, entregados anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS). Este galardón entrégaselle ós filmes producidos fóra dos Estados Unidos co diálogo predominante non inglés.[3]
Cando se celebrou a primeira cerimonia dos Óscar o 16 de maio de 1929, non existía unha categoría separada para filmes estranxeiros. Entre 1947 e 1955, a Academia presentou o Oscar especial/honorífico ós mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos. Porén, eses premios non se entregaron de forma regular (non houbo premio en 1953), e non eran competitivos xa que non había candidatos, senón simplemente un filme premiado por ano. Para a 29ª edición dos Óscar (1956), foi creado un Premio Oscar ó Mérito de carácter competitivo para os filmes en lingua non inglesa que foi entregado anualmente dende entón.