Filmes propostos ó mellor filme internacional na 87ª edición dos Óscar
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Esta é unha lista dos filmes propostos na 87ª edición dos Óscar para o mellor filme en lingua non inglesa.[1] A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar un filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956.[2] O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa.[2][3] O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados.[3]
Os filmes candidatos debían terse estreado nos cinemas dos seus respectivos países entre o 1 de outubro de 2013 e o 30 de setembro de 2014.[3]
A data límite para presentar as propostas foi o 1 de outubro de 2014.[4] Un total de 83 países presentaron filmes, catro deles por primeira vez[4][5] (Mauritania,[6] Panamá,[7] Kosovo[8] e Malta[9]). 77 filmes foron aceptados.[10]
A lista curta de nove candidatos anunciouse a mediados de decembro de 2014[10] e os cinco candidatos (Arxentina, Estonia, Mauritania, Polonia e Rusia) anunciáronse o 15 de xaneiro de 2015.[11] O filme de Polonia do director Paweł Pawlikowski Ida gañou o premio,[12] primeiro filme polaco que recibiu o Óscar. Por primeira vez gravouse na estatua o nome do director ademais do nome do país gañador.[13]